Paratradución editorial

 

Traducción e industrias culturales

Traducción e industrias culturales, Peter Lang, 2014

 

Álvarez Lugrís, Alberto (2014) «Paratraducción editorial» en Montero Domínguez, Xoán [ed.] Traducción e industrias culturales. Nuevas perspectivas de análisis, Frankfurt am Main–Bern–Bruxelles–New York–Oxford–Warszawa–Wien: Peter Lang, Col. Studien zur romanischen Sprachwissenschaft und interkulturellen Kommunikation, dirigida por Gerd Wotjak, vol. 96, ISBN: 978-3-631-65302-9. DOI: 10.3726/978-3-653-04446-1, pp. 15-33.

Vén de saír do prelo o volume Traducción e industrias culturales. Nuevas perspectivas de análisis editado polo profesor Xoán Motero na editorial Peter Lang, no que contribúo cun artigo titulado «Paratraducción editorial». Este traballo recolle e amplía a análise que neste mesmo blog fixen do libro To the Winds Our Sails. Nesta nova publicación comparo as políticas editoriais da devandita escolma de poesía galega traducida ó inglés e ó irlandes no ano 2010 coa tradución galega dos Carmina de Horacio publicada por Aquilino Iglesia Alvariño no 1951 na colección do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos.

Resumo do artigo:

Do mesmo xeito que Gideon Toury (1995) considera que o texto orixinal non é relevante para o estudo das traducións como fenómenos sociais da cultura receptora, tampouco o texto traducido é imprescindible para detectar e analizar as actividades paratradutoras dos editores literarios. Tomando coo exemplo dúas traducións literarias publicadas en contextos sociopolíticos e históricos completamente distintos, analizaremos o papel que os editores desempeñan no xogo de poderes e de identidades que se verifica en toda edición de traducións. Non só a imaxe do outro depende do equilibrio que se constrúa entre os poderes en conflito ou en alianza, senón que mesmo a imaxe e a identidade como comunidade dos receptores pode estar en xogo.

 

 

Deixa unha resposta


+ 6 = sete


seis × = 42

Creative Commons License
Os textos e materiais publicados nesta bitácora están regulados, salvo que se indique o contrario, por unha licenza de Recoñecemento - Non Comercial - Sen Obra Derivada .3.0 de Creative Commons.