Exames e rendemento académico

De cando en vez póñolles ós meus alumnos de segundo (agora na materia de Tradución idioma I do grao, antes na de Tradución xeral inglés-alego da licenciatura) un exame sorpresa. É máis longo ca os exames que adoito poñer eu, e eles sábeno porque llelo advirto antes de comezar; doulles 90 minutos para facelo, menos tempo do habitual, e sábeno tamén. Así e todo sempre aceptan facelo, aceptan someterse a un exame longo e difícil en condicións precarias: non teñen todalas súas ferramentas de consulta, só o ordernador se ese día o levan a clase, dispoñen de menos tempo, etc.  E a verdade é que malia a situación tan particular, os máis deles adoitan rematar moi ben a proba. Porque?

Rendemento académico?

Porque cando lles anuncio a sorpresa non menciono a palabra exame e indícolles que, de rematar ben a proba, levarán un punto extra na cualificación final da materia, pero de non lle dar cabo correctamente non terán penalización. Un só punto. É certo que pode marcar a diferenza entre un aprobado e un suspenso, pero isto non é habitual nos meus exames. Un punto non adoita ter unha grande relevancia na avaliación, pero é un reforzo positivo.

Estou convencido de que o feito de saberen que non corrían risco de que se lles aplicase unha penalización fixo que traballasen con menos nervios e, sobre todo, con máis confianza nas súas propias capacidades.

Isto estame a facer pensar moito no valor dos exames, que é o que miden, con que parámetros, en función de que e con que obxectivo.

Deixa unha resposta


− dous = 5


× 7 = cuarenta dous

Creative Commons License
Os textos e materiais publicados nesta bitácora están regulados, salvo que se indique o contrario, por unha licenza de Recoñecemento - Non Comercial - Sen Obra Derivada .3.0 de Creative Commons.