Paratradución da identidade celta no discurso público das institucións galegas

Traducir e interpretar lo público, Comares, 2016
Traducir e interpretar lo público, Comares, 2016

Álvarez Lugrís, Alberto (2016) “Paratraducción de la identidad celta en el discurso público de las instituciones gallegas”, en Ferreiro Vázquez, Óscar (ed.) Traducir e interpretar lo público, Albolote (Granada): Editorial Comares. Colección  Interlingua, editada por Emilio Ortega Arjonilla y Pedro San Ginés Aguilar, nº 145, ISBN 978-84-9045-350-6, pp. 11-26.

Vén de publicarse na colección Interlingua da Editorial Comares un novo volume de estudos de paratradución elaborados polos profesores e profesoras que participamos no Mestrado en Tradución para a comunicación internacional da Universidade de Vigo. Neste volume ofrecemos outra serie de exemplos prácticos das liñas de investigación e docencia ao redor das cales se artellan tanto o devandito mestrado como o Doutoramento en Tradución e paratradución que serve de continuación para as persoas que desexen dedicarse á investigación e realizar unha tese de doutoramento. A miña contribución a este novo volume é o artigo  “Paratraducción de la identidad celta en el discurso público de las instituciones gallegas” no cal continúo a miña análise da presenza do celtismo na sociedade galega e na imaxe que a propia sociedade proxecta de si mesma. De certo xeito, este artigo é continuación doutros estudos xa publicados como “Paratradución editorial” ou “Rewriting and Paratranslating History in the Creation of Etiological Myths“. Nesta ocasión analizo o tratamento que se fixo do celtismo dende as institucións públicas galegas, que pasaron dunha época de promoción e difusión de certos aspectos simbólicos da identidade celta de Galicia con Manuel Fraga a unha supresión e mesmo negación dos mesmos ao través das distintas lexislaturas de Núñez Feijóo. Ler Máis