O portafolio como ferramenta didáctica. Reflexións sobre lecturas.

Un dos elementos que de entrada me interesan máis do ensino asíncrono (segue sen gustarme o termo e-actividade e estoutra denominación creo que pode ser axeitada) é o portafolio. Teño aínda a día de hoxe unha vaga noción do que son os portafolios pero aínda así, parécenme unha boa ferramenta de traballo.

Non sei se será mellor ferramenta para o alumno ou para o profesor; quero dicir, non sei se será doado empregar a información do portafolio para avaliar o rendemento dun alumno, mesmo que o empreguemos só como complemento a outros tipos de avaliación, pero dende logo teño moi claro que é unha moi boa ferramenta para que o alumno reflexione sobre a súa aprendizaxe e as súas capacidades, cales son os seus puntos fortes e débiles. E tamén para que faga unha crítica do sistema de ensino. Como profesor, as críticas dos alumnos á miña forma de traballar parécenme fundamentais. Ler Máis

Avaliación e calidade

Acabo de ler o artigo de Buela-Casal e o seu equipo sobre o Ranking de 2009 en investigación de las universidades públicas españolas (resumido aquí) no que se presentan 48 das 74 universidades españolas clasificadas segundo distintas categorías: artigos publicados no ISI, tramos de investigación, proxectos de I+D, número de teses, bolsas FPU, doutoramentos con mención de calidade, patentes e, por último, un ránking global.

Ademais do evidente interese que estas clasificacións teñen posto que nos comparan cos centros universitarios da nosa contorna, paréceme especialmente importante, e relevante para o tema da avaliación que nos ocupa neste blog, a reflexión introdutoria sobre os criterios cos que se debe encarar calquera proceso de avaliación: capacidade de discriminación dos criterios, comparabilidade dos suxeitos avaliados, publicidade dos criterios empregados, repetición periódica da avaliación, verificación dos criterios e da avaliación por parte de expertos alleos, entre outros. Ler Máis