Bolsas para axudas por causas sobrevidas Uvigo 2016/2017

Con data do 22 de febreiro de 2017, publicouse a Resolución Reitoral do 21 de febreiro de 2017, pola que se convocan axudas para o estudantado da Universidade de Vigo coa finalidade de contribuir a paliar as dificultades económicas sobrevidas ou imprevistas, que lle impidan continuar  os estudos conducentes para obter o tiítulo universitario oficial en calquera dos seus ciclos na Universidade de Vigo, no curso académico 2016/2017.

O modelo oficial de instancia destas axudas, así como o texto íntegro da convocatoria,  pódese atopar  no enlace da páxina web da Universidade de Vigo https://bolsas.uvigo.es/GestorBecas/user/Becas.do?accion=listAnexos&idBeca=212&

LUGARES DE PRESENTACÓN: as persoas interesadas deberán presentar a instancia, xunto coa documentación requirida, nos rexistros auxiliares ou xeral da Universidade de Vigo ou en calquera das dependencias previstas no art. 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 22 de marzo de 2017

Máis información: https://bolsas.uvigo.es/GestorBecas/user/Becas.do?accion=listAnexos&idBeca=212&

 

Negociado de Atención ao Público

correo electrónico: negociadodeinformacionbolsas@uvigo.es

Tlfno: 986813612

 

Sección de Bolsas

Edif. Servizos Centrais-Xerencia

Campus Universitario

36310 – Vigo (Pontevedra)

Comments are closed.