Bolsas predoutorais da Universidade de Vigo 2017

Con data 20 de decembro de 2017 publícase nos taboleiros de anuncios do Rexistro Xeral e Auxiliares da Univesidade de Vigo a Resolución Reitoral do 20 de decembro de 2017 que resolve a convocatoria, entre outras, de “Axudas Predoutorais” (Resolución Única-Convocatoria de Axudas á Investigación 2017).

Pódese consultar a convocatoria xeral na páxina https://uvigo.gal/uvigo_gl/investigacion/axudas_2009/. No apartado IV Programa de bolsas e axudas á formación atópase a información referida ás bolsas predoutorais.

Tal e como indican as bases específicas, «o obxectivo desta convocatoria é subvencionar doutorandos ou doutorandas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo, e que en función da súa capacitación e formación  poidan converterse en novos investigadores e investigadoras».

Establécense un total de 25 axudas para doutorandos e doutorandas matriculados a tempo completo nun programa de doutoramento e que se incorporen a un grupo de investigación da Universidade de Vigo.

Máis información: https://uvigo.gal/uvigo_gl/investigacion/axudas_2009/

Comments are closed.