Catro prazas de lectorados de lingua e cultura galega

 

Publícanse no DOGA do 25 de maio o anuncio da convocatoria de 4 prazas de lectorados de lingua e cultura galega de contratados, procedemento ED110B (UPV e Oxford) e de  bolseiros (París e São Paulo), procedemento ED110A.
O prazo de solciitudes remata o 25 de xuño.

1. Dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (ED110A) nos centros de estudos galegos situados nas
universidades seguintes:

  • Université de la Sorbonne Nouvelle, París III París Francia  Inicio 1.10.2018 Remate 30.9.2021
  • Universidade de Sâo Paulo Sâo Paulo Brasil Inicio  1.1.2019 Remate 31.12.2021

Máis información: convocatoria publicada no DOGA.

2. Dúas prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (procedemento ED110B) nos centros de estudos galegos localizados nas seguintes universidades:

  • University of Oxford Oxford Reino Unido
  • Universidade do País Vasco (Euskal Herriko Univertsitatea) País Vasco

Máis información: convocatoria publicada no DOGA.

Comments are closed.