Bolsas predoutorais da Universidade de Vigo

Ata o vindeiro 28 de setembro está aberto o prazo de solicitudes das bolsas predoutorais da Universidade de Vigo para o curso 2018-19.

O obxectivo desta convocatoria é subvencionar doutorandos ou doutorandas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo, e que en función da súa capacitación e formación poidan converterse en novos nvestigadores e investigadoras.

Establécense un total de 25 contratos de nova adxudicación para doutorandos ou doutorandas matriculados a tempo completo no curso 2018-2019 nun programa de doutoramento da Universidade de Vigo e que se incorporen a un grupo de investigación rexistrado no Servizo de Investigación da nosa Universidade.

Estas axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 00VI 131H 641.02 Axudas propias á investigación e á transferencia. Os grupos nos que se integren os contratados ou contratadas poderán complementar estes contratos con financiamento propio non finalista.

Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/40

 

 

Comments are closed.