Convocatoria de dez bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

ORDE do 23 de maio de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento ED109A).

Obxecto e destinatarios

Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de dez bolsas de formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (código de procedemento ED109A).

Os proxectos concretos inclúense como anexos á presente orde e neles detállanse os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.

As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Dotación das bolsas e orzamento

A contía das bolsas será de 990 euros brutos mensuais, en que van incluídos os custos da Seguridade Social (cota patronal e cota obreira), en aplicación do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

De acordo co establecido no artigo 7.j) da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio, estas bolsas están exentas do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Máis información: convocatoria publicada no DOG.

Comments are closed.