Premios á Excelencia Académica para alumnado que inicia estudos de Doutoramento, curso 2018/19

O obxecto desta convocatoria é atender de maneira especial ao novo alumnado da Universidade de Vigo que estea a realizar no curso académico 2018/19 estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.

Requisitos:

a) Estar matriculado por primeira vez en estudos de Doutoramento regulados polo Real Decreto 99/2011, na Universidade de Vigo no curso académico 2018/19 e manter a condición de matrícula durante todo o curso académico.
b) Obter unha nota media ponderada igual ou superior a 1,00. A nota media ponderada calcúlase dividindo a nota media do expediente académico do grao ou da licenciatura previa, entre a nota media da titulación.

Máis infomación: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/160

Comments are closed.