Axudas predoutorais da Xunta de Galicia 2019

Publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde do 31 de decembro de 2018 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se convocan as axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o exercicio 2019.

Trátase de axudas destinadas ao apoio da etapa predoutoral para investigadoras e investigadores que desenvolvan un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e que teñan unha persona designada para dirixir ou codirixir a tese que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Para poder presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo, debe seguirse necesariamente o procedemento interno establecido e que pode ser consultado no taboleiro de convocatorias co código PREDOU_XUNTA_19. O prazo límite para presentar a declaración de intencións é o 8 de febreiro. O procedemento interno pode consultarse no seguinte enlace.

Comments are closed.