Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/doctorado/wp-includes/pomo/plural-forms.php on line 210

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/doctorado/wp-content/plugins/revslider/includes/operations.class.php on line 2695

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/doctorado/wp-content/plugins/revslider/includes/operations.class.php on line 2699

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/doctorado/wp-content/plugins/revslider/includes/output.class.php on line 3581

Warning: session_start(): Cannot start session when headers already sent in /homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/doctorado/wp-content/plugins/arscode-ninja-popups/arscode-ninja-popups.php on line 1801
Convocatorias de prazas de lingua e literatura galega e bolsas en planificación sociolingüística – Doctorado en Traducción y Paratraducción

Convocatorias de prazas de lingua e literatura galega e bolsas en planificación sociolingüística

A Consellería de Educación publicou a convocatoria do proceso selectivo para o acceso ao corpo de profesorado de ensino secundario

No DOG do 8 de marzo, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou a convocatoria dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesorado de diversas especialidades. Entre elas, inclúense un total de 60 prazas para a especialidade de Lingua e Literatura Galega.

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe e finaliza o primeiro de abril (15 días hábiles) e a inscrición debe facerse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Máis información aquí.

Convocatoria completa, en pdf.

Convocatoria de prazas de profesorado de lingua galega para o IES Rafael Puga Ramón

A Deputación Provincial da Coruña convocou varias prazas de profesorado para o IES Rafael Puga Ramón, centro educativo dependente da institución provincial. A convocatoria inclúe tres prazas de profesor de lingua galega.

As bases xerais e específicas publicáronse no BOP da Coruña do 15 de febreiro de 2019 (bases específicas para o profesorado de lingua galega a partir da páx. 47).

O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais desde o 5 de marzo, xa que o establece o anuncio da convocatoria publicado no BOE do 4 de marzo.

Convocatoria de dúas bolsas de investigación na área de planificación sociolingüística da lingua galega

A Deputación Provincial da Coruña publicou no BOP do 4 de marzo a convocatoria de varias bolsas de investigación, entre as que figuran dúas para o traballo na área da planificación sociolingüística da lingua galega.

A dotación de cada bolsa é de 8000 euros e o prazo para presentar a documentación, que se debe enviar telematicamente a través da sede electrónica da Deputación (plataforma SUBTEL), remata o 5 de abril.

Comments are closed.