Axudas para participación en feiras e festivais internacionais do sector do libro

A Xunta de Galicia publicou o mes pasado as bases reguladoras para a concesión de subvencións a creadoras e creadores dos ámbitos da escrita, da ilustración e da tradución por participaren en festivais e en feiras internacionais do sector do libro que teñan lugar en 2019.

Cada persoa pode solicitar axuda para a asistencia a un único festival ou feira internacional e beneficiarse dunha soa axuda. Son subvencionábeis os gastos que estean facturados e pagados entre o 1 de xaneiro e o 15 de decembro de 2019.  A adxudicación farase por orde de solicitude, e o prazo remata o 29 de maio ás 00:00 horas.
O resto de datos necesarios para realizar a solicitude figura na orde publicada no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190429/AnuncioG0535-150419-0001_gl.html

Comments are closed.