Intérpretes pioneiras (1900-1953): DEITANDO PONTES / Pioneer female interpreters (1900-1953): BRIDGING THE GAP

Exposición, conferencia e seminarios «Intérpretes pioneiras (1900-1953): DEITANDO PONTES / Pioneer female interpreters (1900-1953): BRIDGING THE GAP»

Descrición: A edición matriz desta exposición foi comisariada en 2018 por Jesús Baigorri, Críspulo Traveso e Cristina Zelich da Universidade de Salamanca. Consta de reproducións de fotografías, de documentos e de películas cinematográficas, así como de fontes históricas orixinais, todas elas relacionados coas múltiples facetas que posúe a interpretación entre idiomas e nas que foron protagonistas as mulleres.

Programa de actividades:
· Exposición: do 24 de outubro ao 8 de novembro de 2019 na Sala de Estudo da Facultade de Filoloxía e Tradución.
· Conferencia inaugural de Jesús Baigorri Jalón o 24 de outubro ás 11h no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución.
· Ciclo de dous seminarios participativos no marco do Coloquio Anual do Programa de Doutoramento en Tradución & Paratradución:

– Introdución á investigación en historia da interpretación, impartido por Jesús Baigorri Jalón o xoves 24 de outubro de 16h a 18h no salón de graos (B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución.
– Historia da interpretación: imaxes de muller, impartido por Anxo Fernández Ocampo o luns 28 de outubro de 2019, de 11h a 13h na Sala de Estudo do Pavillón Central da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Os seminarios van destinados ó alumnado do programa de doutoramento e están abertos a calquera membro da comunidade universitaria.

Organizan: Luis Alonso Bacigalupe, Maribel del Pozo Triviño e Anxo Fernández Ocampo

Co apoio de: Unidade de Igualdade, Vicerreitoría de Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Consello Social, BIFEGA, FFT, ICOTI, Programa de Doutoramento en T&P

Comments are closed.