Conferencia: La traducción española de textos del «Teatro di Narrazione» de Ascanio Celestini y de cuentos populares de Giuseppe Pitrè

A profesora titular da UNED de Madrid, Marina Sanfilippo, impartirá a conferencia titulada La traducción española de textos del «Teatro di Narrazione» de Ascanio Celestini y de cuentos populares de Giuseppe Pitrè o vindeiro 05 de novembro ás 12:00 horas no Salón de Graos da FFT.

Marina Sanfilippo é profesora de Filoloxía Italiana na UNED. Doutorouse cunha tese sobre «El renacimiento de la narración oral en Italia y España (1985-2005)» coa que obtivo o premio extraordinario de doutoramento. Dende 2000 é presidenta da Asociación cultural Trécola, que se dedica á recompilación, estudo e difusión do patrimonio narrativo oral europeo. Dende 2006 é secretaria de Sigma, revista da Asociación española de semiótica e encargouse da coordinación e edición da sección monográfica do número 16 da revista, dedicada ao estado da cuestión sobre oralidade e narración entre o folclore, a literatura e o teatro.

Anuncio da conferencia.

Comments are closed.