IV Edición do título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV)

O día 1 de xullo ás 00.00 horas abrirase o prazo de preinscrición e matrícula para a IV Edición do título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV).  Pódese atopar toda a información precisa na ligazón
https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=ver_edicion_descripcion&tab=LC&id_edicion=4719

Cómpre destacar que este ano, o antigo alumnado e alumnado que se matricule no Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI), así como o do programa de Doutoramento T&P, poderán beneficiarse dun 30% de desconto na matrícula do ETIV. Alén de máis, porase a disposición do futuro alumnado _12 bolsas_ ETIV (http://paratraduccion.com/videojuegos/).

Calquera dúbida que teñades contactade a través de   etivigo@gmail.com

Máis información: https://paratraduccion.com/videojuegos/

Comments are closed.