Axudas Margarita Salas para a formación de novas doutoras e doutores

Ao abeiro do «Real Decreto 289/2021, de 20 de abril, por el que se regula la concesión directa de subvenciones a universidades públicas para la recualificación del sistema universitario español», que ten por obxecto regular a concesión directa de subvencións, con carácter plurianual, a universidades públicas para a recualificación do sistema universitario español, a Universidade de Vigo convoca, entre outras, as «Axudas Margarita Salas para a formación de novas doutoras e doutores».

O obxecto desta modalidade de axudas é a formación de novas doutoras e doutores mediante estadías de formación, que poderán ter unha duración ininterrompida de dous ou tres anos, desenvolvéndose nunha universidade pública española ou ben en universidades ou centros de investigación estranxeiros así como en organismos públicos de investigación (OPIs) ou centros de investigación públicos españois.

Para ser admitida no proceso selectivo, quen presente unha solicitude debe cumprir e acreditar os seguintes requisitos:
1. Posuír un título de doutora ou doutor pola Universidade de Vigo cun máximo de dous anos de antigüidade entre a data da súa obtención e a de fin de prazo de presentación de solicitudes e pedir a realización dunha estadía de dous ou tres anos de duración nunha universidade pública española distinta á Universidade de Vigo ou ben en universidades e centros de investigación estranxeiros públicos ou privados, así como en centros de investigación públicos españois incluídos os OPIs. Debe terse en conta que se a estadía de formación se desenvolve en universidades ou centros de investigación situados no estranxeiro ou en centros de investigación públicos españois, o último ano da axuda deberá realizarse nunha universidade pública española que poderá ser a Universidade de Vigo.
2. Posuír un título de doutora ou doutor por unha universidade privada española, cun máximo de dous anos de antigüidade entre a data da súa obtención e a de fin de prazo presentación de solicitudes, e pedir a realización dunha estadía de dous ou tres anos na Universidade de Vigo ou a incorporación a ela no último ano no caso de solicitar a estadía en universidades ou centros de investigación situados no estranxeiro ou en centros de investigación públicos españois.
3. Ser nacional español, posuír un título de doutora ou doutor por unha universidade estranxeira pública ou privada cun máximo de dous anos de antigüidade entre a data da súa obtención e a de fin de prazo de presentación de solicitudes, e pedir a realización dunha estadía de dous ou tres anos na Universidade de Vigo ou a incorporación a ela no último ano no caso de solicitar a estadía en universidades ou centros de investigación situados no estranxeiro, distintos a aquel polo que se obtivo o título, ou en centros de investigación públicos españois.

Máis información na páxina da Secretaría en liña da Uvigo.

Comments are closed.