O programa renova a acreditación

Con data 8 de marzo de 2022 o Programa de doutoramento en Tradución e paratradución recibiu da ACSUG a comunicación de que conseguira renovar a acreditación tras someterse no curso 2020-21 ao proceso de avaliación.

No informe final a comisión avaliadora sinala os seguintes puntos fortes do noso programa de doutoramento:

  • A alta demanda do Programa entre o alumnado.
  • A capacidade do Programa para atraer estudantado estranxeiro e contribuír a internacionalización da Facultade de Filoloxía e tradución e da Universidade de Vigo.
  • O nivel de cualificación do profesorado que participa no Programa.
  • O propósito de transparencia e o esforzo realizado neste sentido pola coordinación do Programa na rendición de contas.
  • A calidade da web do Programa e a súa constante actualización.
  • A cualificación e a dispoñibilidade das persoas que dirixen as teses e titorizan o alumnado, moi ben valoradas polo alumnado doutorando e polas persoas egresadas do Programa.

Dende o Programa de doutoramento queremos agradecer a todas as persoas implicadas no proceso de avaliación (profesorado, alumnado, PAS, EIDO) o seu compromiso e o seu traballo.

 

Comments are closed.