{"id":110,"date":"2017-02-02T19:06:39","date_gmt":"2017-02-02T19:06:39","guid":{"rendered":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/?page_id=110"},"modified":"2021-05-11T10:00:25","modified_gmt":"2021-05-11T09:00:25","slug":"presentacion-gl","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/presentacion\/presentacion-gl\/","title":{"rendered":"Presentaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<h2>Presentaci\u00f3n<\/h2>\n<p>[<a href=\"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/presentacion\/\">castellano<\/a>] [<a href=\"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/presentacion\/presentation\/\">english<\/a>]<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-28 alignleft\" src=\"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/cabalo.png\" alt=\"\" width=\"187\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/cabalo.png 187w, http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/cabalo-137x146.png 137w, http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/cabalo-47x50.png 47w, http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/cabalo-70x75.png 70w\" sizes=\"auto, (max-width:767px) 187px, 187px\" \/>O Doutoramento<strong> T<span style=\"color: #808080;\">&amp;<\/span><span style=\"color: #ff0000;\">P<\/span><\/strong> investiga como ao longo da historia, a traduci\u00f3n e a interpretaci\u00f3n foron pr\u00e1cticas fundamentais na construci\u00f3n de calquera cultura e na s\u00faa capacidade de cambio. As culturas son o resultado dunha constante negociaci\u00f3n de textos traducidos, tanto ling\u00fc\u00edsticos como ic\u00f3nicos ou s\u00edmb\u00f3licos. As persoas que traducen son axentes de <strong>mediaci\u00f3n cultural<\/strong> con capacidade de transformaci\u00f3n social e pol\u00edtica na administraci\u00f3n dos Servizos p\u00fablicos. Na inmensa maior\u00eda dos casos, vivimos <strong>realidades mestizas<\/strong>, lemos linguas traducidas, vemos imaxes adaptadas e consumimos produtos localizados que constitu\u00edron encargas de traduci\u00f3n e interpretaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Doutoramento en Traduci\u00f3n &amp; Paratraduci\u00f3n (<strong>T<span style=\"color: #808080;\">&amp;<\/span><span style=\"color: #ff0000;\">P<\/span><\/strong>) \u00e9 o \u00fanico Programa de doutoramento en traduci\u00f3n e interpretaci\u00f3n de toda a <strong>eurorrexi\u00f3n Galicia-Portugal<\/strong>. No acordo do Consello de Ministros publicado no BOE do 11 de marzo de 2014 polo que se establece o car\u00e1cter oficial de determinados t\u00edtulos de Doutor e a s\u00faa inscrici\u00f3n no Rexistro de Universidades, Centros e T\u00edtulos, o t\u00edtulo de doutor en Traduci\u00f3n &amp; Paratraduci\u00f3n (<strong>T<span style=\"color: #808080;\">&amp;<\/span><span style=\"color: #ff0000;\">P<\/span><\/strong>) aparece acreditado oficialmente xa que o programa de doutoramento <strong>T<span style=\"color: #808080;\">&amp;<\/span><span style=\"color: #ff0000;\">P<\/span><\/strong><span style=\"color: #ff0000;\">\u00a0<\/span>\u00e9 citado como un Doutoramento oficial en traduci\u00f3n do Estado espa\u00f1ol ao cumprir con todos os requisitos de calidade e esixencia regulados por lexislaci\u00f3n vixente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tr\u00e1tase dun posgrao de investigaci\u00f3n representativo do Espazo Europeo de Educaci\u00f3n Superior que responde \u00e1 demanda de formaci\u00f3n de posgrao por parte do alumnado da titulaci\u00f3n do grao en Traduci\u00f3n e interpretaci\u00f3n, cubrindo a necesidade de ofrecer unha formaci\u00f3n adicional para mellorar as perspectivas propias da <strong>carreira profesional<\/strong>. Neste sentido, ofrecemos un conxunto equilibrado de contidos te\u00f3ricos e pr\u00e1cticos con vistas tanto \u00e1 investigaci\u00f3n como \u00e1 preparaci\u00f3n dos\/das profesionais da traduci\u00f3n e a interpretaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Doutoramento <strong>T<span style=\"color: #808080;\">&amp;<\/span><span style=\"color: #ff0000;\">P<\/span><\/strong>\u00a0ofrece o modelo m\u00e1is flexible de <strong>semipresencialidade<\/strong>, xa que se pode cursar completamente a distancia ou ben asistir \u00e1s sesi\u00f3ns presenciais realizando aut\u00e9nticas pr\u00e1cticas de campo en Ciencias humanas e sociais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Doutoramento <strong>T<span style=\"color: #808080;\">&amp;<\/span><span style=\"color: #ff0000;\">P<\/span><\/strong>\u00a0\u00e9 un programa de doutoramento que responde \u00e1 <strong>transformaci\u00f3n te\u00f3rica e metodol\u00f3xica<\/strong> que viviu a \u00e1rea cient\u00edfica de Traduci\u00f3n e interpretaci\u00f3n na \u00faltima d\u00e9cada, ofrecendo contidos te\u00f3ricos procedentes das distintas fases de descrici\u00f3n, estudo e an\u00e1lise das actuais realidades socioprofesionais de era dixital. O cal garante, desde o principio, a continuidade entre teor\u00eda e pr\u00e1ctica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non \u00e9 un posgrao te\u00f3rico que se interese accesoriamente pola vida real, sen\u00f3n que \u00e9 un <strong>Doutoramento te\u00f3rico-pr\u00e1ctico<\/strong> dirixido \u00e1 investigaci\u00f3n doutoral a partir das pr\u00e1cticas profesionais e coti\u00e1s que nos rodean. Cada un dos bloques das li\u00f1as de investigaci\u00f3n ten a capacidade de descompo\u00f1erse en seminariosT<span style=\"color: #808080;\">&amp;<\/span><span style=\"color: #ff0000;\">P<\/span> especializados fundamentados no seu correspondente aparello cient\u00edfico e orientaci\u00f3n aplicada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Doutoramento <strong>T<span style=\"color: #808080;\">&amp;<\/span><span style=\"color: #ff0000;\">P<\/span><\/strong>\u00a0ofrece modelos e protocolos de punteiras pr\u00e1cticas profesionais a trav\u00e9s de convenios cos sectores profesional, empresarial e institucional que colaboran nos <strong>proxectos I+D+i<\/strong> do Grupo de Investigaci\u00f3n T&amp;P. Proc\u00farase responder \u00e1s necesidades existentes nos \u00e1mbitos das tecnolox\u00edas da informaci\u00f3n, do turismo, da publicidade, das industrias da cultura, e, por suposto, da divulgaci\u00f3n cient\u00edfica do co\u00f1ecemento. Como exemplo sirvan os tres programas Web-TV de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica dedicados ao mundo da traduci\u00f3n e interpretaci\u00f3n: Zig-Zag, Exit e P\u00edldoras <strong>T<span style=\"color: #808080;\">&amp;<\/span><span style=\"color: #ff0000;\">P<\/span><\/strong>. Programas TV en li\u00f1a do Grupo de Investigaci\u00f3n T&amp;P que pretenden apoiar tanto a formaci\u00f3n e valorizar a investigaci\u00f3n b\u00e1sica, o desenvolvemento e a innovaci\u00f3n, como a propia <strong>transferencia produtiva<\/strong> do co\u00f1ecemento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Creado durante o curso acad\u00e9mico 2004-2005 o Doutoramento <strong>T<span style=\"color: #808080;\">&amp;<\/span><span style=\"color: #ff0000;\">P<\/span><\/strong>\u00a0foi o primeiro Programa de doutoramento internacional en rede dentro da Universidade de Vigo e obtivo durante o curso 2008-2009 a<strong> \u00abmenci\u00f3n de calidade\u00bb<\/strong> do Ministerio de Ciencia e Innovaci\u00f3n e, tralo informe favorable da ACSUG, recibiu no curso 2013-2014, a <strong>Notificaci\u00f3n de Verificaci\u00f3n<\/strong> do Consello de Universidades do Ministerio de Educaci\u00f3n, Cultura e Deporte para unha nova andadura do novo programa de doutoramento consonte a actual normativa do Real Decreto 99\/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de Doutoramento.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2>O programa de doutoramento <strong>T<span style=\"color: #ff0000;\">&amp;<\/span><span style=\"color: #808080;\">P<\/span><\/strong> en cifras<\/h2>\n<ul>\n<li style=\"text-align: justify;\">No curso 2019-20 matricul\u00e1ronse 10 persoas de novo ingreso. O programa ten un total de 48 alumnas e alumnos en activo.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">No curso 2019-20 temos un total de 15 alumnas e alumnos estranxeiros, un 33,3% do total.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">Un total de 19 persoas proceden de estudos de mestrado cursados noutras universidades, o 39,6%.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">No curso 2019-20 temos 24 doutorandas e doutorandos matriculados a tempo parcial, o 50%.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">O 28% das nosas doutorandas e doutorandos (13 persoas) fixeron un total de 19 estad\u00edas de investigaci\u00f3n noutras instituci\u00f3ns de ensino superior:<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">Dentro do programa defend\u00e9ronse 4 <a href=\"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/tesis-doctorales-typ\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">teses de doutoramento<\/a>, unha en dedicaci\u00f3n a tempo parcial e tres a tempo completo. Ademais, defend\u00e9ronse outras 18 teses no programa de doutoramento anterior.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">Todas as teses defendidas no programa obtiveron a cualificaci\u00f3n \u00abcum laude\u00bb. D\u00faas delas obtiveron ademais a menci\u00f3n internacional.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">A duraci\u00f3n media do programa a tempo completo \u00e9 de tres anos e medio; a tempo parcial, cinco anos e dous meses.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">A taxa de emprego entre as persoas egresadas do programa \u00e9 actualmente do 100%. A taxa de adecuaci\u00f3n do posto de traballo aos estudos \u00e9 tam\u00e9n do 100%.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">Dende que o programa botou a andar no curso 2013-14 matricul\u00e1ronse 80 persoas, 28 das cales causaron baixa definitiva por diferentes motivos; \u00e9 dicir, a taxa de abandono \u00e9 do 35%.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">Temos 15 membros do profesorado con sexenios, 32 tramos en total, dos cales catro te\u00f1en sexenios vivos.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">Nas enquisas de satisfacci\u00f3n, o alumnado sempre lle outorga ao programa moi boa puntuaci\u00f3n (sobre 5). Curso 2015-16: 3; curso 2016-17: 3,43; curso 2017-18: 3,13; curso *2018-19: 3,9; curso *2019-20: 4,02. [*Para estes dous cursos non hai datos desagregados, son os totais dos programas de doutoramento da Uvigo].<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\">Os datos das enquisas de satisfacci\u00f3n das directoras e directores de tese son igualmente positivos: 3,64 para o per\u00edodo de 2013-14 a 2017-18 e 3,96 para o per\u00edodo de 2018-19 a 2019-20.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Presentaci\u00f3n [castellano] [english] O Doutoramento T&amp;P investiga como ao longo da historia, a traduci\u00f3n e a interpretaci\u00f3n foron pr\u00e1cticas fundamentais na construci\u00f3n de calquera cultura e<span class=\"excerpt-hellip\"> [\u2026]<\/span><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":17,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-110","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/110","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=110"}],"version-history":[{"count":11,"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/110\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4567,"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/110\/revisions\/4567"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/17"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=110"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}