{"id":394,"date":"2017-02-08T22:42:03","date_gmt":"2017-02-08T22:42:03","guid":{"rendered":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/?page_id=394"},"modified":"2021-05-10T11:30:27","modified_gmt":"2021-05-10T10:30:27","slug":"preguntas-frecuentes","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/preguntas-frecuentes\/preguntas-frecuentes\/","title":{"rendered":"Preguntas frecuentes"},"content":{"rendered":"<p>[<a href=\"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/preguntas-frecuentes\/\">castel\u00e1n<\/a>] [english]<\/p>\n<h4>1. Canto custan os estudos de doutoramento?<\/h4>\n<p>Os prezos dos estudos de doutoramento f\u00edxaos anualmente a Xunta de Galicia mediante un decreto publicado no DOGA. O <a href=\"http:\/\/paratraducion.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/Decreto-80-2016-prezos-estudos-oficiais.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">decreto 80\/2016 de 23 de xu\u00f1o<\/a> fixa os prezos vixentes no presente curso acad\u00e9mico 2016-17.<\/p>\n<h4>2. Como xustifico a mi\u00f1a titulaci\u00f3n acad\u00e9mica de acceso aos estudos de doutoramento?<\/h4>\n<p>Para acceder aos estudos de doutoramento prec\u00edsase ter superados 300 cr\u00e9ditos de formaci\u00f3n universitaria oficial. Estes 300 cr\u00e9ditos poden corresponder ben a un Grao oficial m\u00e1is un mestrado oficial ou ben a unha das antigas Licenciaturas. No momento de realizar a preinscrici\u00f3n haber\u00e1 que subir ao formulario en li\u00f1a unha copia escaneada dos t\u00edtulos e certificaci\u00f3ns acad\u00e9micas correspondentes. As\u00a0persoas que cursasen parte ou a totalidade dos seus estudos no estranxeiro deber\u00e1n achegar a documentaci\u00f3n precisa para demostrar que superaron os 300 cr\u00e9ditos requeridos: certificaci\u00f3n acad\u00e9mica na que conste o n\u00famero de cr\u00e9ditos ou horas de docencia total ou de cada unha das materias cursadas e superadas ou o plano de estudos oficial no que figure esa mesma informacion. Estas persoas, adem\u00e1is, deber\u00e1n solicitar, despois de realizar a matr\u00edcula, o reco\u00f1ecemento\u00a0dos estudos realizados no estranxeiro.<\/p>\n<p>Rematado o proceso de matr\u00edcula, todos os alumnos deber\u00e1n presentar na secretar\u00eda da facultade\u00a0copia en papel validada\u00a0da documentaci\u00f3n indicada no par\u00e1grafo anterior.<\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">3. Como se me asigna direcci\u00f3n e\/ou titor\u00eda?<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">A titora ou titor ten como funci\u00f3n asesorarte nos procesos administrativos do doutoramento. Cando te matriculas as\u00edgnaseche unha titor\u00eda provisional, que adoita ser a persoa que ocupa a secretar\u00eda do programa de doutoramento. Cando se che asigna oficialmente un director ou directora de tese esta persoa ser\u00e1 designada tam\u00e9n titora.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A direcci\u00f3n de tese as\u00edgnase atendendo \u00e1s preferencias do alumnado e \u00e1 dispo\u00f1ibilidade do <a href=\"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/profesorado\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">profesorado<\/a> do programa. Suxerimos que te po\u00f1as en contacto co noso profesorado, mesmo antes de que realices a preinscrici\u00f3n, para que co\u00f1ezas as s\u00faas li\u00f1as de investigaci\u00f3n e a s\u00faa dispo\u00f1ibilidade. O prazo para asignar direcci\u00f3n \u00e9 de tres meses a partir da data de matr\u00edcula, pero procuramos sempre non esgotalo, para que poidas comezar a traballar na t\u00faa investigaci\u00f3n canto antes.<\/p>\n<h4>4. Como elaboro o meu Plan de investigaci\u00f3n? Como se aval\u00eda?<\/h4>\n<p>O Plan de investigaci\u00f3n \u00e9 o documento no que indicas cal \u00e9 o teu tema de traballo para a elaboraci\u00f3n da tese. Debes cubrir os datos correspondentes (t\u00edtulo, li\u00f1as de investigaci\u00f3n, obxectivos, metodolox\u00eda, planificaci\u00f3n, bibliograf\u00eda e outros recursos) na t\u00faa <a href=\"https:\/\/secretaria.uvigo.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">secretar\u00eda virtual<\/a>. Para redactar e presentar o Plan de investigaci\u00f3n debes de seguir as instruci\u00f3ns e recomendaci\u00f3ns da t\u00faa directora ou director. O prazo para presentalo \u00e9 de 6 meses a partir da data de matr\u00edcula.<\/p>\n<p>A partir do segundo ano ter\u00e1s que pasar o proceso de Avaliaci\u00f3n anual do Plan de investigaci\u00f3n. Nesta avaliaci\u00f3n presentar\u00e1s ante un tribunal composto por doutoras e doutores do programa a situaci\u00f3n da t\u00faa investigaci\u00f3n: desenvolvemento, cumprimento de obxectivos, planificaci\u00f3n para o curso seguinte. En caso de non superar a avaliaci\u00f3n, ter\u00e1s unha segunda oportunidade no prazo de seis meses; non superar esta segunda oportunidade sup\u00f3n a baixa autom\u00e1tica no programa.<\/p>\n<h4>5. Canto duran os estudos de doutoramento?<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os estudos de doutoramento te\u00f1en unha duraci\u00f3n prevista de 3 anos a tempo completo e 5 a tempo parcial. Est\u00e1 prevista a posibilidade de pedir ata d\u00faas pr\u00f3rrogas dun ano cada unha, co que a duraci\u00f3n p\u00f3dese estender ata os 5 anos a tempo completo e ata os 7 a tempo parcial. Se pasado o prazo previsto non se depositou a tese para a s\u00faa defensa, causarase baixa autom\u00e1tica no programa.<\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">6. Que recursos de aprendizaxe ofrece a Universidade de Vigo para o doutoramento?<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para o desenvolvemento das actividades do Programa de doutoramento en Traduci\u00f3n e paratraduci\u00f3n a Universidade de Vigo, e en concreto a Facultade de Filolox\u00eda e Traduci\u00f3n, ofrece os seguintes recursos:<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px; text-align: justify;\">-aulas dotadas de medios t\u00e9cnicos (ordenador, can\u00f3n, pantalla), aulas espec\u00edficas para a teledocencia, aulas de videoconferencia, laboratorios de docencia, salas de ordenadores de docencia.<br \/>\n-salas de ordenadores para alumnado<br \/>\n-Biblioteca da Facultade e Biblioteca central, con salas de traballo<br \/>\n-servizo de reprograf\u00eda e de impresi\u00f3n en li\u00f1a<br \/>\n-plataforma de Teledocencia <a href=\"https:\/\/moovi.uvigo.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Moovi<\/a> con Moodle<br \/>\n&#8211;<a href=\"https:\/\/campusremotouvigo.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Campus Remoto<\/a>, cunha copia virtual de todas as aulas f\u00edsicas e despachos da universidade. As aulas virtuais permiten a docencia totalmente virtual e a gravaci\u00f3n das clases.<\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">7. Cales son as sa\u00eddas laborais deste programa de doutoramento?<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">En primeiro lugar,\u00a0as competencias adquiridas no Programa de doutoramento en Traduci\u00f3n e paratraduci\u00f3n adec\u00faanse ao nivel 4 do MECES (Marco Espa\u00f1ol de Cualificaciones para la Educaci\u00f3n Superior), publicado no Real Decreto 1027\/2011, de 15 de xullo e ao Real Decreto 196\/2016, de 13 de maio que establece os requisitos para a expedici\u00f3n do Suplemento Europeo ao T\u00edtulo de Doutoramento. O programa de doutoramento garante deste xeito que as persoas egresadas poidan solicitar o certificado de correspondencia para desenvolver investigaci\u00f3ns en centros do EEES (Espazo Europeo de Educaci\u00f3n Superior).\u00a0As persoas egresadas poden, polo tanto, optar a desenvolver a carreira docente en calquera universidade europea.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais da docencia e a investigaci\u00f3n en instituci\u00f3ns de ensino superior, as nosas egresadas e egresados est\u00e1n desenvolvendo a s\u00faa actividade profesional en ensino secundario e escola de idiomas e no mercado libre. Na actualidade, o 100% das persoas egresadas e a pr\u00e1ctica totalidade do alumnado at\u00f3pase traballando.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4>Xornada de acollida a estudantes de doutoramento, Extensi\u00f3n universitaria.<\/h4>\n<p><a href=\"https:\/\/tv.uvigo.es\/series\/5ca1f0e68f4208961ec06285\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">A UVigo d\u00e1lles a benvida aos 1350 estudantes matriculados nesta etapa<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>[castel\u00e1n] [english] 1. Canto custan os estudos de doutoramento? Os prezos dos estudos de doutoramento f\u00edxaos anualmente a Xunta de Galicia mediante un decreto publicado no<span class=\"excerpt-hellip\"> [\u2026]<\/span><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":192,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-394","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/394","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=394"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/394\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4543,"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/394\/revisions\/4543"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/192"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/paratraduccion.com\/doctorado\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=394"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}