Iolanda Galanes Santos é doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos de posgrao na Universidade de Laval (Quebec). A súa investigación encádrase en dúas liñas de traballo: dunha banda a Terminoloxía e a Tradución especializada e, doutra, a Tradución literaria en Galicia. A esta última liña pertence o Catálogo Virtual da Tradución Galega, alén de varias publicacións nas que analiza as relacións do sistema literario galego con outras literaturas a través da tradución.
É autora de tres monografias, unha decena de dicionarios especializados de ámbito internacional, participa desde hai dúas décadas en congresos internacionais, publica regularmente artigos académicos e traduciu máis de trinta monografias principalmente de ensaio. É presidenta da Sociedade Galega de Terminoloxía desde a súa fundación e prestou servizos como tradutora en varias entidades como a Escola Galega de Administración Pública, o Boletín Oficial do Estado ou o Centro de Estudos Constitucionais e nas principais empresas editoras galegas. Entre 1999 e 2005 foi coordinadora técnica da Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega. Actualmente desenvolve a súa actividade docente na titulación de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo.
Contacto: iolag@uvigo.es