Posto director xeral da tradución. Tribunal de Xustiza da Unión europea. Luxemburgo

 


El puesto de Director General de la Traducción (grados AD 15-AD 16) quedará vacante próximamente en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea, en Luxemburgo. Esta vacante se cubrirá con arreglo a lo dispuesto en el artículo 29, apartado 2, del Estatuto de los Funcionarios de la Unión Europea.

Acceso á convocatoria: http://tinyurl.com/qb526d3


 

Ferramentas de tradución profesional 1

Hoxe en día, as ferramentas de tradución son un elemento esencial do traballo da persoa que traduce profesionalmente. Cada día os e as profesionais da tradución enfróntanse á difícil tarefa de negociar as tarifas dun posible proxecto. Aí é onde xoga un papel preponderante o correcto manexo dun programa que permita reducir tempo e evitar eivas de tradución no texto meta. Ao observar esta situación cotiá, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) quere atender e encher o baleiro existente nos planos de estudo do grao en Tradución e Interpretación das universidades españolas no que respecta á formación do estudantado en asignaturas de programas e memorias de tradución.

Visita co alumnado do MTCI á Audiencia provincial de Pontevedra.

O martes pasado, día 25 de marzo, acompañamos alumnos do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional a un xuízo con intérprete de portugués na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, a fin de coñeceren de preto o traballo destes profesionais nunha situación laboral real. Ao chegarmos, recibiunos a xuíza do Mercantil Sección 2,…