Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia

O 13 de agosto de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución na que a Xunta de Galicia otorgou ao noso Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) a mención de excelencia. A mención «Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia» que aparece no pe de todas as páxinas desta web do MTCI é o selo da máxima calidade avalada pola Xunta de Galicia e supón unha garantía de futuro para o alumnado.

Calidade do MTCI

O Mestrado en Tradución para a comunicación internacional (MTCI) concede especial importancia á satisfacción do alumnado e do profesorado como integrantes fundamentais da titulación. Nese sentido, a política de calidade do MTCI diríxese principalmente a acadar o cumprimento das expectativas formativas do seu alumnado e a satisfacción do seu profesorado. O MTCI colabora activamente co Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo xa que constitúe unha ferramenta estratéxica básica para acadar unha mellora continua da calidade. Para iso existe o compromiso no MTCI de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles na Facultade de Filoloxia e Tradución (FFT) grazas a unha colaboración intensa e proactiva da CAM do MTCI coa Comisión de Calidade da FFT. Así establécense as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do MTCI:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, ás necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos níveis de calidade na titulación do MTCI.
  • Mediar eficazmente entre alumnado e profesorado do MTCI, coa fin de mellorar a docencia e de acadar a satisfacción por parte de ambos os grupos.
  • Asegurar unha docencia e investigación de calidade no MTCI coa mirada sempre posta nunha auténtica transferencia de coñecemento coas forzas vivas da cidade de Vigo, en particular, e do mundo, en xeral.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia de coñecemento que teña en conta a diversidade funcional para eliminar os obstáculos que impiden unha igualdade real ás persoas con necesidades especiais.
  • Acadar un compromiso permanente de mellora continua como norma de conduta, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e a mellora da calidade no MTCI.

Acceso ao Sistema de QSP

Por unha banda, tanto o profesorado do Máster coma a coordinación implementou tres modalidades de comunicación co alumnado co fin de responder ás necesidades de cada persoa: presencial, a través do correo electrónico ou por videoconferencia. No que respecta á coordinación do MTCI, esta ten por obxectivo responder ás cuestións, dudas e inquietudes do alumnado enviadas á dirección electrónica da coordinación do MTCI —creada AD HOC para unha mellor xestión eficaz da calidade: mtcivigo@gmail.com— nun prazo máximo de 24 horas para non adiar as preocupacións das persoas.

Por outra banda, a Universidade de Vigo dispón dun sistema en rede onde o alumnado do MTCI pode rexistrar a súa Queixa, Suxestión o Parabén (QSP) enchendo o formulario correspondente:

  • As queixas, suxestións e parabéns poden enviarse de forma anónima. Se o/a usuario/a desexa unha resposta deberá facilitar un enderezo de correo electrónico ou os datos necesarios para o envío por correo ordinario.
  • As queixas, suxestións e parabéns deberán expresarse de xeito claro.
  • Quedan excluídas deste procedemento as reclamacións respecto das cualificacións das probas de avaliación, que son xestionadas a través do procedemento establecido no Regulamento de estudantes.

Este sistema é independente das actuacións do Tribunal de Garantías.

As queixas presentadas non terán carácter de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. A presentación de queixas non suporá, en ningún caso, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poida exercer calquera persoa interesada.

Premer na imaxe para acceder ao Sistema de QSP

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte

O Consejo de Universidades, a través da súa Comisión de Verificación y Acreditación, na súa sesión do día 15 de setembro de 2017 resolveu renovar a acreditación do título universitario oficial de Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional pola Universidade de Vigo.

Preme aquí para acceder ao PDF da Resolución 4314063

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Velaquí os principales puntos fuertes do Mestrado en Tradución para a comunicación internacional (MTCI) valorados pola ACSUG (e redactados en castelán) no seu Informe Final de Evaluación para la Renovación de la Acreditación do MTCI emitido o 28 de xullo de 2017:

  • Se valora positivamente la implicación de la Comisión Académica del máster, de la coordinación y del Equipo Directivo con la mejora continua de la calidad.
  • Se ha destacado a los largo de las distintas audiencias, la profesionalidad y dedicación de la coordinación del máster, tanto en la coordinación general como entre asignaturas.
  • La demanda del título, siempre por encima del mínimo exigido por la normativa autonómica y en progresivo ascenso, junto con las tasas de eficiencia y abandono (0%), manifiestan un notable interés en la titulación que además parece satisfacer las expectativas del alumnado, lo que en su conjunto justifica la existencia y sostenibilidad del título.
  • La web propia del título, de fácil acceso, clara y, en general, actualizada, que además aporta información adicional útil e interesante (investigación, ofertas laborales, …)
  • Existen evidencias del análisis realizado de los datos generados por el Sistema de Garantía de Calidad y de la puesta en marcha de acciones de mejora destinadas a corregir los problemas detectados; así como de la aprobación y actualización en el año 2015 del Manual de Calidad y del Reglamento de régimen interno de la Comisión de Garantía de Calidad.
  • El compromiso con la mejora de la calidad se evidencia en que el centro donde se imparte el título tiene certificada la implantación de su Sistema de Garantía de Calidad, a través del Programa FIDES-AUDIT, desde 2014.
  • Así mismo se observa la implicación, profesionalidad y compromiso del profesorado, teniendo en cuenta la sobrecarga docente del PDI, que consigue cumplir tanto sus funciones docentes como de gestión con significativa eficiencia. En las audiencias se ha destacado la disponibilidad y trato individualizado recibido por parte del profesorado.
  • Buen funcionamiento y, en general, valoración positiva de la plataforma de teledocencia FAITIC
  • Las instalaciones se estiman adecuadas y cubren las necesidades del título.
  • Entre los resultados del título, que en conjunto se consideran adecuados y cercanos a lo establecido en la Memoria de Verificación del Título, destaca la tasa 0 de abandono.

O profesorado do MTCI no 5.º posto dos/as profesores/as mellor valorados/as da UVigo

Nas enquisas de evaluación docente do profesorado do curso 2017-2018 realizadas polo alumnado, o MTCI ocupa o 5.º posto dos profesores/as mellor valorados/as entre os 63 mestrados impartidos na UVigo

O MTCI no 6.º posto no TOP TEN dos mestrados mellor valorados da UVigo

Nas enquisas de evaluación docente  do curso 2016-2017 realizadas polo alumnado egresado, entre os 63 mestrados impartidos na UVigo, o MTCI ocupa o 6.º posto do TOP TEN dos mestrados mellor valorados de toda a UVigo e o 1.º do ámbito científico de Humanidades

GL
Skip to content