Acceso a las guías docentes en gallego
Acceso a las guías docentes en castellano
Traducción y servicios culturales
(Prof.ª Ana Luna Alonso)
Esta materia céntrase nas necesidades de tradución dos servizos culturais. O sistema de produción cultural pode incluír os medios de comunicación, as industrias cinematográficas, as editoriais ou as compañías de teatro. A tradución é unha ferramenta imprescindible no intercambio de bens e servizos desta industria que manipula textos procedentes de ámbitos tan diferentes como a arte, o lecer, o deseño, a publicidade, a gastronomía ou o turismo. Cómpre ter en conta que o intercambio cultural xera un importante impacto económico que é preciso valorar e analizar tendo en conta a diversidade, así como as desigualdades xeradas no consumo de determinados produtos.