Janeiro Espiñeira, Xosé Luís
Marzo 10, 2013

Foto JaneiroXosé Luís Janeiro Espiñeira (Bugarin -Cerdedo- Pontevedra, 1962) é catedrático de Lingua galega e literatura de ensino medio no IES Sánchez Cantón de Pontevedra e profesor asociado da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Licenciouse en Filoloxía hispánica e en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Dereito pola Universidad de Educación a Distancia.

Como xurilingüístia, tense achegado ao binomio lingua e dereito, tanto desde o punto de vista xurídico como lingüístico. Arredor desta temática ten pronunciado diversas conferencias e ten publicado varios traballos críticas e recensións. Entre outros, pódense mencionar títulos como “A lingua das Administracións públicas”,  “A reforma da LOPX e o seu virtual significado lingüístico: o artigo 231.4”, “Cooficialidade lingüística e tradución xurídica, dúas notables ausencias no ensino universitario do dereito” ou “A fe notarial nunha linguaxe xurídica propia”.

 

Contacto: janeiroxl@uvigo.es

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

GL
Skip to content