Acceso ás guías docentes en galego

 Acceso ás guías docentes en castelán

Tradución publicitaria

(Prof. José Yuste Frías)

Un dos principais obxectivos desta materia é o de acabar co tópico da suposta universalidade do símbolo e da imaxe en tradución, demostrando que son necesarias e imprescindibles as (para)traducións dos símbolos e as imaxes que acompañan ao texto publicitario cando se pretende comunicar dun país a outro, dunha lingua a outra, dunha cultura a outra… dun mercado a outro.

Analizando diferentes exemplos de entidades iconatextuais presentes na tradución publicitaria, o alumnado aprenderá a desmontar os sutís mecanismos e as eficaces estratexias de comunicación (para)tradutora que, á hora de conquistar novos mercados, adoptan empresas, industrias, organismos e institucións con proxección internacional, facendo uso dunha política global de auténtica e pura paratradución maquillada con retoques de localización que pretende converter produtos puramente comerciais en supostos bens culturais de consumo universal.

Para unha primeira aproximación xeral á materia, preme aquí.

GL
Skip to content