Montero Küpper, Silvia

 

Silvia Montero Küpper realizou os seus estudos de licenciatura e posgrao en Filoloxía Románica, Literatura Alemá e Literatura Comparada na Universidade de Bonn en Alemaña e é doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Dende 1994 é profesora de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, onde imparte clases teóricas e prácticas de tradución no grao e no máster, así como no programa de doutoramento.


A súa investigación actual está centrada na tradución dende e cara ó galego así como nas políticas de tradución editorial. É investigadora principal do grupo BITRAGA (Biblioteca da Tradución Galega) da Universidade de Vigo.

Conta con varias publicacións sobre aspectos contrastivos entre as linguas alemá e galega, así como sobre a tradución editorial en galego e as políticas da tradución editorial:

(2017): «Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega (2008-2016)»,Madrygal, 20.
(2016): «Politicas para la traducción de textos literarios», en Galanes Santos, Iolanda et alii (eds.): Traducciones literarias. Nuevas investigaciones. Granada: Editorial Comares, 53-72.
(2015):«Situación de partida y análisis de las iniciativas de apoyo a la traducción en Galicia» en LUNA ALONSO, A. et alii (eds.): Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega. Peter Lang.Col.: Relaciones literarias en el Ámbito
(2013): «As políticas de tradución no caso galego», en MOSQUERA CARREGAL, Xesús (ed.): Lingua e tradución. IX Xornadas sobre lingua e usos, A Coruña: Universidade da Coruña, 41-62 Hispánico – Vol. 11, Bern, Berlin, Bruxelles, Frankfurt am Main, New York, Oxford, Wien, 15-42.

Contacto: smontero@uvigo.es

GL
Skip to content