Gómez Guinovart, Xavier


Foto Xavier Gomez GuinovartXavier Gómez Guinovart é profesor titular do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte desde 1992 materias de especialización no ámbito das tecnoloxías lingüísticas e da informática aplicada á filoloxía e á tradución.

Canto ao seu labor investigador, Xavier Gómez Guinovart é o responsable das actividades do Seminario de Lingüística Informática (SLI), que forma parte do grupo de investigación interdepartamental da Universidade de Vigo sobre Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (Grupo TALG).

É editor da revista Linguamática, dedicada ás tecnoloxías das linguas faladas na Península Ibèrica.

Tamén é coautor do Dicionario Moderno Inglés-Galego publicado por 2.0 Editora en 2012. Trátase da edición en formato papel do primeiro dicionario galego baseado exclusivamente en corpora. A autoría é de Xavier Gómez Guinovart (coordinador), Alberto Álvarez Lugrís e Eva Díaz Rodríguez. Os tres autores son membros do Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo, que desenvolveu nos últimos anos importantes ferramentas lingüísticas relacionadas co emprego, difusión e coñecemento do galego. Dende a web do SLI pódese acceder, entre outros, aos recursos electrónicos descritos polo miúdo na reseña que do Dicionario María Álvarez de la Granja publicou na revista Estudos de Lingüística Galega.

Publicacións

Contacto: xgg@uvigo.es

GL
Skip to content