Warning: include_once(/homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/ocampo/wp-includes/wp-cd.php): failed to open stream: Permission denied in /homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/ocampo/wp-includes/post.php on line 1

Warning: include_once(): Failed opening '/homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/ocampo/wp-includes/wp-cd.php' for inclusion (include_path='.:/usr/lib/php5.4') in /homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/ocampo/wp-includes/post.php on line 1

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/ocampo/wp-includes/post.php:1) in /homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/ocampo/wp-includes/feed-rss2.php on line 8
Blog Personal de Anxo Ocampo http://paratraduccion.com/ocampo Blog personal do fantástico profesor e membro do grupo T&P , Anxo Ocampo Mon, 14 Nov 2011 18:19:45 +0000 en hourly 1 http://wordpress.org/?v=3.2.1 Bourdieu tena cruzada http://paratraduccion.com/ocampo/?p=24 http://paratraduccion.com/ocampo/?p=24#comments Sat, 12 Nov 2011 21:41:37 +0000 admin http://paratraduccion.com/ocampo/?p=24 Hai procesos que, aínda que non sexan denominados traducións nin rematan coa creación dun texto traducido, funcionan segundo os principios da tradución.

Un exemplo deste tipo de proceso implícito, que ademais recorre ó modo fotográfico, atopámolo nun artigo de Pierre Bourdieu e Mouloud Mammeri publicado na revista Awal en 1985, e retomado, con introdución de Tassadit Yacine, no número especial de decembro de 2003 da revista Actes de la recherche en sciences sociales, precisamente dedicado á mirada antropolóxica de Pierre Bourdieu.

No artigo faise referencia á observación entre dous campos etnográficos fotografados por Bourdieu: un en Alxeria e outro na rexión francesa do Béarn. Para describir as estruturas sociais de cada un destes espazos, sitúanse logo dúas fotos en paralelo, unha de Alxeria (p. 12) e outra do Béarn (p. 13)

 

Bourdieu aparece aquí como intérprete entre o lugar e o público, e intermediario académico destes espazos. A técnica fotográfica que el emprega nos dous casos apóiase na mesma relación de composición entre as construcións, a vía pública e a paisaxe. Tamén son semellantes o ángulo, o picado e a profundidade de campo. É dicir que os parámetros de preparación e de disparo son os mesmos, de tal xeito que unha foto axuda a interpretar a outra, para reproducir a estrutura habitacional do espazo alxeriano (12) sobre o bearnés (13). Desta forma Bourdieu asocia estes dous espazos e aplica sobre o Béarn unha grella interpretativa ou un modelo de comprensión elaborado dende a súa experiencia en Alxeria.

O proceso pódese entender como tradución na medida en que a colocación das fotos suxire un vaivén, un movemento que vai dunha imaxe para a outra. Por outra banda, ó facer coincidir nun mesmo soporte as imaxes dos dous lugares, instáurase unha relación de equivalencia grazas á lóxica de lectura de esquerda a dereita. Dito doutra maneira, comprobamos que aquí se cumpren condicións suficientes para a traducibilidade: unha representación do espazo alxeriano como modelo orixinal de comprensión, a transferencia dos valores interpretativos da imaxe a través da mirada dun intermediario, así como a propia operación intelectual que consiste en emparellar fisicamente os dous planos sobre un mesmo espazo, amosando o grao de relación co modelo orixinal, neste caso por reconstrución do espazo social alxeriano a través do estudo do espazo bearnés.

Lectura recomendada: BOURDIEU, Pierre e MAMMERI, Mouloud (2003) «Du bon usage de l’ethnologie», Actes de la Recherche en Sciences Sociales, nº 150, pp. 9-18.

]]>
http://paratraduccion.com/ocampo/?feed=rss2&p=24 0
Cicatrix http://paratraduccion.com/ocampo/?p=21 http://paratraduccion.com/ocampo/?p=21#comments Sat, 12 Nov 2011 21:34:33 +0000 admin http://paratraduccion.com/ocampo/?p=21 Non, non vai ser. Aquí non me vou referir á escritura en pantalla. Para iso remito ós blogs de compañeiros de proxectos T&P, magnificamente representativos da reflexión actual sobre a tradución en medio dixital. En realidade quero referirme á escritura sobre soportes que hoxe podemos chamar tradicionais.

Tanto ten se é sobre papel, pedra, cera ou pizarra, queirámolo ou non: escribir nun soporte significa agredir a materia, ben porque escavamos nela incisións ou facemos relevos, ben porque depositamos nela tinta ou pintura en trazos ou en sucos.

Froito desa agresión nace a páxina de escritura que, lembrémolo, comparte étimo con país e paisaxe, o cal suxire que todo espazo de escritura ten valor de territorio, onde se organiza a información espacialmente, por columnas, arriba e abaixo…

A páxina, por unha banda, representa un territorio extenso, por exemplo un mapa, un documento legal ou a escritura dunha casa, e por outra banda tamén é o territorio en que se enfrontan os sistemas de signos, os signos entre eles ou os signos de diferentes linguas, ou de códigos semánticos diferentes.

Grazas á súa capacidade para xebrar, separar e delimitar partes nunha páxina, a escritura é portadora potencial da posibilidade de ser outro/a de cada vez, de ser reinterpretada incesantemente e simultaneamente. Os signos escritos esváense mais non desaparecen (facilmente), nin se esgota xamais a súa capacidade expresiva. A escritura é polo tanto unha operación arriscada, é un fenómeno que abriga o xermolo da diferenza. Estas calidades axiña se transfiren para os procesos de tradución escrita, ata o punto de que toda reescritura relativiza a autenticidade dun orixinal e sinala a existencia de varios sistemas diferentes.

Todos estes signos dispostos no territorio delimitan naturalmente un espazo de lectura. Precisamente, ler remite ó xesto de querer adiviñar o que vai suceder, o cal explica que moitos xestos (trazar sobre a terra, tirar obxectos ó chan, describir movementos no ceo etc.) foron comúns á escritura e ós procedementos de adiviñación. O templum romano, por exemplo, era un espazo aberto ó ceo, polo que se observaba o paso dos paxaros voando: esta lectura tiña por obxecto o movemento dinámico (unha liña) dentro duns límites espaciais (a páxina rectangular debuxada polo templum). Noutra ocasión falaremos de Iurugú, a raposa pálida dos mitos dogón, que se encarga de mediar entre a escritura de signos e a interpretación que a sociedade humana fai deles.

Madia leva sospeitar da tradución: xesto de escribir implica a idea de adiviñación, e o feito de que a tradución semelle ter o poder de cambiar a orde das cousas cadra co imaxinario benjamiano –e mesmo pre-benjamiano– da tradución como operación en que o texto está en devir: nin completamente acabado nin completamente parecido ó modelo orixinal.

A todo isto, movémonos nun mundo de signos interpretables, preguntándonos permanentemente pola súa aceptabilidade, calibrando a posición que ocupan, e asumindo a súa presenza arredor de nós.

Imaxe cicatris
Foto:Anxo Fernández Ocampo 080531_01

Polo largo de Santa Catarina, no fascinante barrio dos Povoeiros de Viana do Castelo, emerxe unha rocha no medio da rúa detrás da capela, emerxe e desprega o seu valor simbólico coma unha nota nunha partitura. E esa nota forma coa sacristía da capela un auténtico acorde.

Á pedra debuxóuselle un borde para unila co pavimento, déuselle unha marxe. É dicir que ese obxecto se singularizou respecto dos demais, volveuse significativo. Ten un centro e outórgaselle o dereito de manter unha relación de sintaxe cos demais elementos da praza.

Despedirei este artigo con dúas preguntas:

Como é que ninguén aínda desfixo ese afloramento?

Quen mandou / se molestou en cinguir a rocha cun cordón de cemento?

 

]]>
http://paratraduccion.com/ocampo/?feed=rss2&p=21 0

Error. Page cannot be displayed. Please contact your service provider for more details. (16)

Error. Page cannot be displayed. Please contact your service provider for more details. (16)