Warning: include_once(/homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/ocampo/wp-includes/wp-cd.php): failed to open stream: Permission denied in /homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/ocampo/wp-includes/post.php on line 1

Warning: include_once(): Failed opening '/homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/ocampo/wp-includes/wp-cd.php' for inclusion (include_path='.:/usr/lib/php5.4') in /homepages/1/d334523770/htdocs/public_html/dos/ocampo/wp-includes/post.php on line 1
Cicatrix | Blog Personal de Anxo Ocampo

Cicatrix

Nov 12, 2011     Ningún comentario  Veces lido:2.777

Non, non vai ser. Aquí non me vou referir á escritura en pantalla. Para iso remito ós blogs de compañeiros de proxectos T&P, magnificamente representativos da reflexión actual sobre a tradución en medio dixital. En realidade quero referirme á escritura sobre soportes que hoxe podemos chamar tradicionais.

Tanto ten se é sobre papel, pedra, cera ou pizarra, queirámolo ou non: escribir nun soporte significa agredir a materia, ben porque escavamos nela incisións ou facemos relevos, ben porque depositamos nela tinta ou pintura en trazos ou en sucos.

Froito desa agresión nace a páxina de escritura que, lembrémolo, comparte étimo con país e paisaxe, o cal suxire que todo espazo de escritura ten valor de territorio, onde se organiza a información espacialmente, por columnas, arriba e abaixo…

A páxina, por unha banda, representa un territorio extenso, por exemplo un mapa, un documento legal ou a escritura dunha casa, e por outra banda tamén é o territorio en que se enfrontan os sistemas de signos, os signos entre eles ou os signos de diferentes linguas, ou de códigos semánticos diferentes.

Grazas á súa capacidade para xebrar, separar e delimitar partes nunha páxina, a escritura é portadora potencial da posibilidade de ser outro/a de cada vez, de ser reinterpretada incesantemente e simultaneamente. Os signos escritos esváense mais non desaparecen (facilmente), nin se esgota xamais a súa capacidade expresiva. A escritura é polo tanto unha operación arriscada, é un fenómeno que abriga o xermolo da diferenza. Estas calidades axiña se transfiren para os procesos de tradución escrita, ata o punto de que toda reescritura relativiza a autenticidade dun orixinal e sinala a existencia de varios sistemas diferentes.

Todos estes signos dispostos no territorio delimitan naturalmente un espazo de lectura. Precisamente, ler remite ó xesto de querer adiviñar o que vai suceder, o cal explica que moitos xestos (trazar sobre a terra, tirar obxectos ó chan, describir movementos no ceo etc.) foron comúns á escritura e ós procedementos de adiviñación. O templum romano, por exemplo, era un espazo aberto ó ceo, polo que se observaba o paso dos paxaros voando: esta lectura tiña por obxecto o movemento dinámico (unha liña) dentro duns límites espaciais (a páxina rectangular debuxada polo templum). Noutra ocasión falaremos de Iurugú, a raposa pálida dos mitos dogón, que se encarga de mediar entre a escritura de signos e a interpretación que a sociedade humana fai deles.

Madia leva sospeitar da tradución: xesto de escribir implica a idea de adiviñación, e o feito de que a tradución semelle ter o poder de cambiar a orde das cousas cadra co imaxinario benjamiano –e mesmo pre-benjamiano– da tradución como operación en que o texto está en devir: nin completamente acabado nin completamente parecido ó modelo orixinal.

A todo isto, movémonos nun mundo de signos interpretables, preguntándonos permanentemente pola súa aceptabilidade, calibrando a posición que ocupan, e asumindo a súa presenza arredor de nós.

Imaxe cicatris
Foto:Anxo Fernández Ocampo 080531_01

Polo largo de Santa Catarina, no fascinante barrio dos Povoeiros de Viana do Castelo, emerxe unha rocha no medio da rúa detrás da capela, emerxe e desprega o seu valor simbólico coma unha nota nunha partitura. E esa nota forma coa sacristía da capela un auténtico acorde.

Á pedra debuxóuselle un borde para unila co pavimento, déuselle unha marxe. É dicir que ese obxecto se singularizou respecto dos demais, volveuse significativo. Ten un centro e outórgaselle o dereito de manter unha relación de sintaxe cos demais elementos da praza.

Despedirei este artigo con dúas preguntas:

Como é que ninguén aínda desfixo ese afloramento?

Quen mandou / se molestou en cinguir a rocha cun cordón de cemento?

 

Queres dicir algo?

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Artigos recentes

Bourdieu tena cruzada

Bourdieu tena cruzada

Novembro 12th, 2011

Hai procesos que, aínda que non sexan denominados traducións nin rematan coa creación dun texto t[...]

Cicatrix

Cicatrix

Novembro 12th, 2011

Non, non vai ser. Aquí non me vou referir á escritura en pantalla. Para iso remito ós blogs de co[...]

Error. Page cannot be displayed. Please contact your service provider for more details. (7)

Error. Page cannot be displayed. Please contact your service provider for more details. (12)

Error. Page cannot be displayed. Please contact your service provider for more details. (12)

Error. Page cannot be displayed. Please contact your service provider for more details. (11)

Error. Page cannot be displayed. Please contact your service provider for more details. (11)