Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela onde impartiu docencia como profesora titular ata 1995, Áurea Fernández Rodríguez forma parte actualmente do cadro do persoal da Universidade de Vigo.
Membro de grupos de investigación sobre a tradución literaria en Galicia e en España BITRAGA e CRET, proxectos de investigación financiados pola Xunta de Galicia, pola Genralitat de Cataluña, polo Ministerio de Ciencia y Tecnología, (Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológico) e cofinanciado con fondos FEDER (UE) nos que colaboran a Universidade de Vigo e a Universitat de Barcelona respectivamente.
As principais liñas de investigación nas que centra o seu traballo son: tradución, terminoloxía, literatura francófona e literatura comparada. Conta con colaboracións de carácter internacional en España e noutros países europeos como Alemaña, Suiza, Francia, Italia, Portugal, Rumanía… Tamén colaborou en reunións científicas en Brasil, Canadá e Cuba.
Contacto: aurea@uvigo.es