Limiares
Cargando
Barreiro Cruz, Juani
Barreiro Cruz, Juani

Foto Juani BarreiroJuana Mª Barreiro Cruz, licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, é comercial de exportación no sector do peixe conxelado nunha empresa da provincia de Pontevedra na que leva traballando desde o ano 2009. É membro activo da expansión internacional da empresa e leva abertos mercados diversos como Libia, Romanía ou Xapón. Tamén realiza labores de tradución e interpretación de apoio á Direción.

Foi auxiliar de conversa en institutos británicos de secundaria durante dous anos académicos e bolseira da Cámara de Comercio de Vigo na Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Bucarest.

Viaxa con regularidade a Francia e pasou longas estadías en Alemaña, Inglaterra e Romanía, ademais de ter sido bolseira dun curso de verán na Universidade de Coimbra organizado polo Instituto Camões.

Contacto: barreirocruz@hotmail.com

marzo 10, 2013

Deja una respuesta

Your email address will not be published.