Licenciado e Doutor con mención Internacional en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, Óscar Ferreiro Vázquez (Fribourg, Suíza) é docente no Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da mesma Universidade onde imparte docencia no grao, posgrao e doutoramento (programa Tradución & Paratradución).
Formou parte de distintos paneis internacionais onde foi convidado para ditar conferencias e ponencias (Sorbonne Nouvelle, Université Toulouse Le Mirail, Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Porto, Universidade do Minho).
As súas liñas de investigación comprenden a historia da tradución e interpretación en América durante a conquista e colonización e a tradución do movemento globalizador hip hop como expresión artística e cultural.
É tradutor-intérprete xurado de francés-galego-francés, habilitado pola Secretaría Xeral de Política lingüística (Xunta de Galicia). Na empresa privada impartiu máis de 1 500 horas de formación ao cadro de diferentes empresas, as especialidades impartidas eran francés administrativo, marítimo, empresarial e comercial, entre outras. Durante cinco anos levou a cabo tarefas de tradución e interpretación nunha empresa recoñecida da cidade de Vigo, encargándose tamén de coordinar un equipo de tradutores e intérpretes para dar servizos lingüísticos a máis de cen empresas nacionais e internacionais.
As investigacións realizadas na tese de doutoramento do profesor Óscar Ferreiro Vázquez no só obtiveron o premio extraordinario de doutoramento senón que o impacto nas forzas vivas de Vigo son tan fortes que até inspirou a creación dunha escultura que representa ao intérprete Gonzalo de Vigo cuxa figura é obxecto de investigación do Dr. Ferreiro Vázquez.
Óscar Ferreiro Vázquez (Fribourg, Suíza) é Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo coa tese «Por boca de»: achegas á historia da interpretación do centro e sur de América (1518-1870).
Compaxina o seu labor profesional na empresa privada coa docencia e investigación na Universidade de Vigo como profesor asociado do departamento de Tradución e Lingüística.