Pablo de Carlos Villamarín é Doutor en Economía pola Universidade de Vigo, institución na que imparte docencia no Departamento de Organización de Empresas e Marketing. Nos últimos anos centrou a súa actividade docente en materias da área de Organización de Empresas como Teoría da Organización e Dirección Estratéxica Internacional. Ademais da docencia en titulacións de Grao do ámbito empresarial, tamén impartiu docencia no Máster en Dirección e Planificación do Turismo, o Máster en Xestión Empresarial do Deporte e o Máster en Enxeñaría Informática, todos eles impartidos na Universidade de Vigo.
Dentro da súa actividade investigadora, destaca a súa participación en numerosos proxectos e contratos con organismos públicos e privados relacionados coa análise do tecido empresarial de Vigo e a súa Área de Influencia. Así mesmo, é autor de diversas comunicacións a Congresos, nacionais e internacionais, e artigos de investigación publicados en revistas de impacto, destacando numerosas achegas á análise económico-empresarial dun sector clave para a economía mundial como é o turístico.
Contacto: pdecarlo@uvigo.es