Patricia Buján Otero é doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Exerce profesionalmente como tradutora dende o ano 2001 (por conta propia dende 2005) e está especializada en tradución técnica e editorial coas linguas alemán, inglés e catalán para o galego e o español. A finais do ano 2016 uniuse á cooperativa de traballo asociado Catro Ventos Editora, onde, alén de compartir xestión editorial e xerencia cos catro membros restantes, é responsable de proxectos editoriais de alemán. É membro da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación dende a súa fundación, onde ocupou diferentes cargos directivos entre 2008 e 2015.
Formou parte do equipo de redacción do Dicionario fraseolóxico alemán-español Idiomatik Deutsch-Spanisch (Buske Verlag 2012) dirixido por Hans Schemann e Carmen Mellado. Entre as súas traducións publicadas, podemos salientar A teoría da relatividade de Albert Einstein (2017), A medición do mundo de Daniel Kehlmann (2006) e Novela de xadrez de Stefan Zweig (2004, con Saleta Fernández).
As súas liñas de investigación son a tradución técnica, a fraseoloxía e a crítica literaria.
A tese de doutoramento pola que obtivo o grao de doutora con mención internacional no programa doctoral T&P e que foi dirixida polas profesoras Silvia Montero Küpper (UVigo) e Carmen Mellado Blanco (USC) está dispoñible para consulta libre no repositorio investigo da Universidade de Vigo: A tradución da fraseoloxía no xénero textual: manual de instrucións na combinación lingüística alemán-español.
Patricia Buján Otero é Doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, exerce profesionalmente como tradutora e revisora dende hai catorce anos (como traballadora por conta propia a tempo completo dende comezos de 2005, e previamente por conta allea) e está especializada sobre todo na tradución técnica e na tradución editorial do alemán e o inglés para o galego e o español. É membro da xunta directiva da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación dende o ano 2008, e dende abril de 2012 ocupa o cargo de presidenta. Así mesmo, dedícase á docencia e á investigación, sendo a súa principal liña de traballo a fraseoloxía e a tradución técnica.
É membro do equipo de investigación FRASESPAL e do equipo de redacción do dicionario fraseolóxico alemán-español Idiomatik Deutsch-Spanisch (Buske Verlag 2012) dirixido por Hans Schemann e Carmen Mellado. Entre as súas traducións publicadas, podemos sinalar A medición do mundo de Daniel Kehlmann (Galaxia 2006) e O retorno de Bernhard Schlink (Galaxia 2007), así como Novela de xadrez de Stefan Zweig (Ir Indo 2004, con Saleta Fernández) e George Steiner en The New Yorker (Xerais 2010, con Lara Domínguez e Saleta Fernández).