Silvia Montero Küpper é Magistra artium en Filoloxía Hispánica, Literatura Alemá e Literatura comparada, Titulada en Ensino do Alemán como Idioma Estranxeiro pola Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn e Doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo.
Dende 1995 exerce como profesora e investigadora no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Os seus ámbitos docentes son Tradución e cultura, Tradución xeral e Tradución de textos xurídicos e administrativos na combinación lingüística alemán-galego así como Crítica da tradución. A súa investigación actual está centrada na análise dos paratextos da tradución editorial galega e na lexicografía galego-alemán-galeg. É investigadora titular do grupo BITRAGA que elabora a BIBLIOTECA DA TRADUCIÓN GALEGA que contén a referencia bibliográfica dos textos traducidos cara a e dende a lingua galega (http://www.bibliotraducion.uvigo.es/).
Conta con publicacións sobre aspectos contrastivos entre as linguas alemá e galega, así como sobre tradución e paratextos, é coautora de Traducción de una cultura emergente : la literatura gallega contemporánea en el exterio (2012), ademais de coedita-los volúmes Tradución e Política editorial de Literatura infantil e xuvenil (2006) e Translation Quality Assessment Policies from Galicia (2011).
Contacto: smontero@uvigo.es