Xavier Gómez Guinovart é profesor titular do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte desde 1992 materias de especialización no ámbito das tecnoloxías lingüísticas e da informática aplicada á filoloxía e á tradución.
Canto ao seu labor investigador, Xavier Gómez Guinovart é o responsable das actividades do Seminario de Lingüística Informática (http://sli.uvigo.es), que forma parte do grupo de investigación interdepartamental da Universidade de Vigo sobre Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (Grupo TALG). Tamén é autor do “Dicionario Moderno Inglés-Galego” (2.0 Editora, 2012) e editor da revista “Linguamática” (http://www.linguamatica.com), dedicada ás tecnoloxías das linguas faladas na Península Ibèrica.
Contacto: xgg@uvigo.es