Limiares
Cargando
Abril 23, 2013

Tradución e cooperación transfronteiriza

(Prof. Rita Fidalgo Oitavén)

Son moitas as áreas nas que un tradutor pode traballar, sexa directamente na tradución ou ben aproveitando as posibilidades que, nun país coma este, se lle presentan a unha persoa  con dominio de varias linguas.

As entidades que desenvolven proxectos de cooperación territorial ben sexa transfronteiriza, transnacional ou interrexional precisan continuamente servizos de tradución. Formularios de candidatura, resultados da xestión dos proxectos son algúns dos documentos que se traducen habitualmente e cos que o tradutor deberá estar familiarizado.

Para alén diso, coa debida especialización, poderían abrirse novas oportunidades de traballo relacionado coa cooperación. A relación diaria entre os dous lados da fronteira, a xestión de proxectos en si mesma, o que implica a relación con socios de distintos países da Unión Europea, son traballos que poden ser desenvolvidos tanto en entidades públicas como privadas.

Esta materia pretende dar ó alumno unha idea xeral do que é a Cooperación Territorial en Europa e particularmente na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que poida axudar a clarificar os seus intereses para o futuro tendo en conta que o coñecemento de outras linguas é un valor engadido nesta área.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Acceso ás guías docentes en galego

 Acceso ás guías docentes en castelán

 

 

Tradución e cooperación transfronteiriza

(Prof. Pedro González Santamaría)

O eido da tradución ofrece múltiples e variadas posibilidades de desenvolvemento profesional. Unha delas son o conxunto de tarefas que se realizan arredor da xestión dos proxectos internacionais. Recentemente, a Unión Europea acaba de aprobar os seus orzamentos para o ano 2018, no que a partida correspondente ao programa Erasmus+ alcanza os 2.300 millóns de euros, cun incremento do 9,5% respecto ao ano 2017.

Nun contexto globalizado, xa non é dabondo dispoñer de competencias en idiomas estranxeiros para desenvolver una actividade profesional no campo da xestión de proxectos, que na actualidade se abordan cun enfoque multidisciplinar que abrangue diversas áreas de coñecemento.

Esta materia permite coñecer o amplo catálogo de proxectos financiados que ofrece a Unión Europea, os seus eidos de actuación, a estrutura das propostas, a busca de socios, o ciclo de vida do proxecto ou as estratexias recomendadas. Así mesmo, traballaremos diversas competencias transversais necesarias para a unha axeitada xestión dos proxectos, como a xeración e síntese de ideas, o estilo de redacción ou a utilización de ferramentas informáticas.

Unha vez cursada a materia, disporemos da información e dos coñecementos necesarios para estarmos en condicións de poder acometer a participación no noso primeiro proxecto europeo.

GL
X