Limiares
Cargando
Abril 23, 2013

Economía aplicada á tradución

(Prof. Pablo de Carlos Villamarín)

Como consecuencia da globalización, as empresas, actores principais da economía de mercado, compiten nun contorno cada vez máis dinámico e complexo que, entre outras cousas, as obriga a conferirlle unha dimensión internacional ás súas actividades. Neste escenario, a posibilidade de crecer, e mesmo sobrevivir depende, en boa medida, da forma en que dirixen e xestionan as súas estratexias de internacionalización. O obxectivo principal desta materia é familiarizar os futuros profesionais da tradución e a interpretación xurada cos principais procesos e dinámicas que caracterizan os negocios internacionais. Para iso, comezarase facendo unha caracterización básica dos fluxos de actividade nunha economía de mercado e resaltando o papel que xoga a empresa nestes. A continuación, presentarase o entorno, tanto xeral coma específico, no que a empresa desenvolve as súas actividades. Por último, abordaranse aspectos básicos do proceso de internacionalización da empresa, centrando a atención, en particular, na empresa multinacional e na deslocalización das actividades empresariais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Acceso ás guías docentes en galego

 Acceso ás guías docentes en castelán

GL
X