Limiares
Cargando
Ferramentas de tradución profesional 2
Outubro 07, 2014

Para presentar esta II.ª Edición do curso complementario de formación Ferramentas de tradución profesional permitídenos reproducir unha conversa que mantiveron unha empresa de tradución e unha recén graduada en tradución recentemente para negociar unha encomienda.

Presentación da II.ª Edición do curso complementario de formación Ferramentas de tradución profesional 2

– Buenos días, hablo con ———- ?

– Buenos días, sí, soy —————-?

-– Mi nombre es————-, soy el gestor de proyectos de la empresa madrileña———–. Le llamo para conocer su disponibilidad ya que tenemos un proyecto de tradución técnica del inglés al español.

– Pues hoy mismo tengo que entregar un encargo y a partir de mañana podría empezar con la suya. ¿Cuántas palabras tiene el texto y cuál sería el plazo?

– El texto tiene aproximadamente 100 000 palabras, es bastante extenso, y tendría que tenerlo dentro de un mes.

– Es un plazo un poco justo, pero creo que podría entregarlo a tiempo.

– Bien, ¿podría indicarme sus tarifas y si usa alguna memoria de traducción?

– Tendría que ver el texto, pero en un principio cobro — céntimos por palabra. No, no uso ninguna memoria de traducción.

– La tarifa me parece correcta, pero si no usa ninguna memoria de traducción me parece que tendrá dificultades para cumplir con los plazos, sin entrar en la homogeneidad de la terminología empleada.

– Ya, entiendo. ¿Podría dejarme un par de días para intentar conseguir una memoria?

–Lo siento, este proyecto nos corre prisa y no podemos esperar. Le recomiendo que use memorias de traducción y otros programas ya que su uso está al orden del día.

– Gracias, es una pena.

– Gracias a usted, si en un futuro trabaja con alguna memoria de traducción póngase en contacto con nosotros. Un saludo.

–Ok, tomo nota. Un saludo.

 

O contido desta conversa reproduce un escenario co que se pode atopar o día de mañá un recén graduado.

Tras o éxito da I Edición do curso complementario «Ferramentas de tradución profesional», o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) quere atender unha vez máis a esta eiva recorrente no mercado laboral actual e pon á disposición do alumnado do grao en Tradución e Interpretación, do mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, do doutoramento Tradución & Paratradución (T&P) e de tradutores/as profesionais, esta II Edición do curso complementario de formación Ferramentas de traducción profesional.

O MTCI xa conta no seu programa coa materia de Xestión de memorias de tradución, a cargo da tradutora profesional Ana Hermida Ruibal, mais pensamos que asinarmos un acordo académico coa empresa Kilgray, creadora do programa MemoQ, sería positivo para o noso alumnado. Deste xeito, complementariamos a nosa formación no que atinxe ás ferramentas de tradución e memorias de tradución.

Este curso de 12 horas de formación conta con 40 prazas e terá lugar na aula Newton 9 da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo entre os días 17 e 19 de novembro de 2014.

O alumnado interesado terá que facer a preinscrición entre os días 30 de outubro e 14 de novembro de 2014 na aplicación Bubela da Universidade de Vigo.

As taxas do curso son 150 euros para o público xeral, 90 euros para o alumnado da UVigo e 50 euros para o alumnado do MTCI. A coordinación pon a disposición 3 bolsas de 40 euros. Cómpre indicar que o alumnado matriculado no curso poderá acollerse a un desconto de aproximadamente o 70% para mercar unha licenza do programa MemoQ.

A formación correrá a cargo da tradutora e formadora Rocío Abelleira Zataraín, licenciada en Química pola Universidade da Coruña e en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Desde hai máis de dez anos, traballa como Senior Linguistic Lead para Foreign Exchange Translations, unha empresa internacional líder no campo da tradución médica e farmacéutica. Entre as súas funcións están a creación e mantemento de terminoloxía, memorias de tradución e guías de estilo, así como a aplicación de novas tecnoloxías aos proxectos multilingües nos que participa.

O programa do curso complementario conta cun módulo teórico (1 hora) e outro práctico (11 horas). No primeiro atenderase á relevancia que teñen as ferramentas de tradución para a persoa que traduce profesionalmente. No segundo, haberá unha introdución a licenza MemoQ (programa de memoria de tradución):

  • a) Memoria de tradución
  • b) Terminoloxía
  • c) Formato de arquivos
  • d) Principais funcións da ferramenta.

Traballarase con outras licenzas: Xbench (programa para o control da calidade da tradución) e Olifant (programa para o mantemento das memorias de tradución).

Cómpre subliñar que todos os ordenadores da sala terán instalados os programas mencionados para que o curso sexa eminentemente práctico e así levar a cabo situación e tarefas que simulan proxectos reais de tradución.

Coordinación do curso:

Óscar Ferreiro Vázquez 

Patrocinadores:

Kilgray Translation Technologies

Doutoramento T&P

Mestrado en Tradución para a comunicación internacional (MTCI)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

GL
X