Limiares
Cargando
¿Estamos asistiendo a un cambio de paradigma en los estudios de traducción?
Maio 07, 2017

Conferencia de Emilio Ortega Arjonilla

De desarrollos tecnológicos, estudios culturales y nuevas formas de comunicación. ¿Estamos asistiendo a un cambio de paradigma en los estudios de traducción?

O vindeiro mércores 10 de maio, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución, o profesor Dr. D. Emilio Ortega Arjonilla (Catedrático de Traducción e Interpretación da Universidade de Málaga) ofreceranos a conferencia titulada «De desarrollos tecnológicos, estudios culturales y nuevas formas de comunicación. ¿Estamos asistiendo a un cambio de paradigma en los estudios de traducción?»

Esta é unha actividade obrigatoria para o alumnado do Programa de doutoramento en Tradución & Paratradución. Para aquelas persoas que non residan en Vigo ou non poidan asistir, a actividade será gravada pola UvigoTV.

Emilio Ortega Arjonilla é catedrático de Tradución e Interpretación da Universidad de Málaga desde maio de 2012 e director do Departamento de Tradución e Interpretación desta Universidade desde maio de 2008. É profesor de Tradución e Interpretación da UMA desde marzo de 1995. Anteriormente foi Teaching Assistant de español na Universidade de Delaware, Estados Unidos (1990-91) e profesor colaborador en cursos propios de Tradución e Interpretación da UGR (1992-95). Nestes 25 anos de actividade docente, foi profesor visitante ou invitado en máis de 30 Universidades de Estados Unidos, Francia, Bélxica, Suíza, México, Reino Unido, Italia, Portugal, Marrocos e España.

A súa formación interdisciplinar foi sancionada cos seguintes títulos de Grao e Posgrao obtidos na Universidade de Granada: (1992) Diplomado en Tradución e Interpretación (interpretación de conferencias francés-español); (1994) Licenciado en Tradución e Interpretación (español-francés-inglés); (1994) Licenciado en Filoloxía Románica e (2007) Licenciado en Filosofía. É Doutor en Filoloxía por esta mesma Universidade desde 1994, cunha tese de doutoramento sobre teoría hermenéutica da tradución. Tamén obtivo o DEA en Filosofía da Ciencia pola UMA en 2003. Para rematar, completou a súa formación universitaria nos seguintes centros estranxeiros: Institut Libre Marie Haps de Bruxelas (Interpretación), Université Catholique de Louvain-A Neuve (Filosofía) e University of Delaware (Lingüística).

En canto á súa actividade investigadora, participou e/ou dirixiu máis de 10 proxectos de I+D. Entre eles os seguintes: europeos (GROTIUS, AGIS, THALES, SOLON, PRATA, etc.), nacionais (COFELU, COMAVE, PLUTARCO, TradJur, etc.) e autonómicos (VAN HOOF, TERMJURÍDICA, etc.). Tamén é IP do G.I. HUM 767 Tradución, Comunicación e Lingüística Aplicada, desde a súa creación en 2001. É autor ou coautor de máis de 200 publicacións entre artigos, monografías individuais e colectivas, dicionarios especializados, libros traducidos, informes técnicos e recensións. Dirixiu ou codirixiu 20 teses de doutoramento sobre T. e I. nas Universidades de Málaga, Granada, Autónoma de Madrid e Trieste (Italia).

É codirector das coleccións Interlingua (Ed. Comares, Granada) e Tecnología, traducción y cultura (Ed. Tirant o blanc, Valencia) desde a súa creación en 1996 e 2011, respectivamente. Fundou a revista Entreculturas en 2009 e é membro do Comité Asesor de numerosas revistas especializadas (Sendebar, MONTI, Odissea, Cadernos Eborenses, etc.). Tamén presenta unha dilatada experiencia profesional no ámbito da tradución e da interpretación de conferencias.

Vídeo de presentación da conferencia

Vídeo da conferencia

Vídeo do turno de preguntas da conferencia

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

GL
X