Limiares
Cargando
CONFERENCIA DE FERNANDO NAVARRO – Presentación del Libro Rojo y la plataforma Cosnautas
Setembro 09, 2019

O xoves 26 de setembro ás 11.00h no salón de actos terá lugar a conferencia impartida polo profesor e tradutor Fernando Navarro.

O Profesor Fernando A. Navarro é médico de formación, especialista en farmacoloxía clínica. Entre 1993 e 2002 foi tradutor médico do cadro de persoal no Servizo de Idiomas dos Laboratorios Roche en Basilea (Suíza). Na actualidade é tradutor médico autónomo para grandes laboratorios farmacéuticos e organismos internacionais do sector biosanitario, e docente do «Máster en traducción médico-sanitaria» da UJI.
É socio fundador da plataforma Cosnautas de recursos profesionais para a tradución médica; fundador e primeiro director da revista Panace@; socio de honor de Tremédica, de Asetrad, de IAPTI e de UniCo; académico correspondente e vogal da comisión de traducións da Academia Norteamericana de la Lengua Española (Nova York); e membro da xunta directiva da Asociación Española de Médicos Escritores. Autor do Diccionario de dudas y dificultades de traducción del inglés médico e director técnico do Diccionario de términos médicos da Real Academia Nacional de Medicina. A continuación atoparedes unha ligazón dunha entrevista ao Profesor Fernando Navarro.

Esperámosvos o día 26/09/2019 ás 11h no salón de actos da FFT.

Organizan AGPTI e o Programa de Doutoramento T&P coa colaboración de Bitraga, BiFeGa e Cosnauta.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

gl_ESGalician

Desconto do 30% na matrícula do ETIV para o alumnado matriculado no MTCI

  • Opinións de antigos alumnos

  • Opinións de antigos alumnos

  • Opinións de antigos alumnos

  • Opinións de antigos alumnos

  • Opinións de antigos alumnos

  • Opinións de antigos alumnos

  • Opinións de antigos alumnos

  • Opinións de antigos alumnos