Acceso ás guías docentes en galego

 Acceso ás guías docentes en castelán

Cine e tradución

(Prof. Xoán Montero Domínguez)

A relación entre o cine e a tradución dá comezo co cine mudo, grazas á tradución dos intertítulos. Porén, coa chegada do cine sonoro, a finais dos anos vinte, a dobraxe instálase no Estado español como a modalidade preferida polo público espectador. O obxectivo da presente materia é ofrecer unha perspectiva orixinal que incida nas diversas partes do proceso de dobraxe y non unicamente aquela que se queda na parte da tradución. Así, preséntase un novo enfoque sobre as causas que motivaron o nacemento da dobraxe en Europa, analízase a información semiótica que se desprende da imaxe, abórdase a tradución para a dobraxe como unha acción intimamente ligada á fase de axuste e, finalmente, iníciase ao alumnado nas técnicas de interpretación para a dobraxe.

GL
Skip to content