Limiares
Cargando
Ordóñez Puime, Amador

Amador Ordoñez Puime naceu na Cañiza (Pontevedra), residindo a maioría da súa vida no Porriño (Pontevedra). Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten amplia experiencia na realización por conta propia de actividades de importación, tanto desde Europa, como de xeito especial dende China. No obstante, a súa actividade profesional centrouse principalmente na impartición de clases no nivel de Formación Profesional. Na actualidade é Profesor Numerario na Area de Comercio e Marketing no IES Ribeira do Louro, concretamente no Ciclo Superior de Comercio Internacional. Paralelamente á súa actividade docente, dende o ano 1997 está moi inmerso na presentación e coordinación de proxectos internacionais, tanto para o mencionado centro, como para a Xunta de Galicia e outras institución, en especial relacionados coa educación e formación: Leonardo da Vinci, Interreg, Asociacións Estratéxicas, Capacity Building de Ensino Superior, Capacity Building de Xuventude e outros.

A realización de estes programas aportoulle un amplo coñecemento da cultura e realidade económica de un importante número de países, tanto da Unión Europea, como de países do Este de Europa, Asia e África.

LER MÁIS

Amador Ordóñez Puime é Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, Mestrado en Comercio Internacional pola Escola de Negocios Caixa Vigo e Experto Universitario en Planificación e Xestión de Proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento pola UNED.

Imparte clases como profesor numerario no IES Ribeira do Louro no Ciclo Formativo de Nivel Superior de Comercio Internacional dende o ano 1995. Xunto coa actividade docente conta cunha ampla experiencia en actividades empresariais por conta propia relacionadas co comercio internacional, en especial coa China, país ao que ten viaxado con moita frecuencia.

Coordina proxectos europeos dende o ano 1996 e dende o ano 2007 ven coordinado proxectos internacionais para a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, da Xunta de Galicia; ademais de proxectos de mobilidade, proxectos de desenvolvemento de ferramentas educativas.

Entre os proxectos europeos coordinados inclúense cursos de linguas:

Proxectos europeos para formar plataformas con recursos educativos:

Proxecto europeo sobre videoxogos:

Na actualidade coordina un Consorcio de Comercio internacional cun elevado número de mobilidades a países de fóra da Unión Europea. Ademais da maioría dos países da Unión Europea, conta con experiencia en colaboracións en educación en países como Estados Unidos, Asia (China, India, Tailandia, Camboxa. Vietnam), Xordania, Tunisia, Albania, Bosnia Hercegovina, entre outros.

Contactoamador.ordonez@gmail.com 

Alberto
Álvarez Lugrís, Alberto
Emmanuel
Bourgoin Vergondy, Emmanuel
Patricia Buxán
Buxán Otero, Patricia
Pablo de Carlo
De Carlos Villamarin, Pablo
Maribel
Del Pozo Triviño, Maribel
Lara
Domínguez Araújo, Lara
Pablo Fernández Calero
Fernández Carballo Calero, Pablo
Anxo
Fernández Ocampo, Anxo
Oscar Ferreiro
Ferreiro Vázquez, Óscar
Iolanda Galanes
Galanes Santos, Iolanda
Xoán Garrido
Garrido Vilariño, Xoán
Pedro
González Santamaría, Pedro
Jessica
Gregori Sendra, Jessica
Ana Hermida
Hermida Ruibal, Ana
Sara Louredo
Louredo Casado, Sara
Ana Luna
Luna Alonso, Ana
Ramón
Méndez González, Ramón
Xoán Montero
Montero Domínguez, Xoán
Salvador
Mourelo Pérez, Salvador
Amador
Ordóñez Puime, Amador
Elena
Sanchez Trigo, Elena
Patricia Sotelo
Sotelo Dios, Patricia
Francisco
Torres Pérez, Francisco José
Jose Yuste II
Yuste Frías, José
ES
X