{"id":646,"date":"2014-03-27T09:20:37","date_gmt":"2014-03-27T09:20:37","guid":{"rendered":"http:\/\/paratraduccion.com\/mestrado\/2014\/03\/27\/visita-co-alumnado-do-mtci-a-audiencia-provincial-de-pontevedra-2\/"},"modified":"2014-03-27T09:20:37","modified_gmt":"2014-03-27T09:20:37","slug":"visita-co-alumnado-do-mtci-a-audiencia-provincial-de-pontevedra-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/paratraduccion.com\/limiares\/fr\/visita-co-alumnado-do-mtci-a-audiencia-provincial-de-pontevedra-2\/","title":{"rendered":"Visita co alumnado do MTCI \u00e1 Audiencia provincial de Pontevedra."},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"line-height: 1.3em;\">O martes pasado, d\u00eda 25 de marzo, acompa\u00f1amos alumnos do Mestrado en Traduci\u00f3n para a Comunicaci\u00f3n Internacional a un xu\u00edzo con int\u00e9rprete de portugu\u00e9s na Secci\u00f3n Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, a fin de co\u00f1eceren de preto o traballo destes profesionais nunha situaci\u00f3n laboral real.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"GL\">Ao chegarmos, recibiunos a xu\u00edza do Mercantil Secci\u00f3n 2, quen nos explicou o funcionamento dos xulgados e da Audiencia de Pontevedra, e ensinounos as instalaci\u00f3ns onde traballa. A continuaci\u00f3n acompa\u00f1ounos ao xu\u00edzo que comezou pouco despois das 10.00\u00a0h.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"GL\">Tratouse do xu\u00edzo da denominada \u00abOperaci\u00f3n Jockey\u00bb, unha operaci\u00f3n antidroga que culminou na detenci\u00f3n de tres acusados (dous galegos e un portugu\u00e9s) e a incautaci\u00f3n, en Tomi\u00f1o, do maior alixo de hero\u00edna ata a actualidade en Galicia. A prensa era numerosa. Entre as testemu\u00f1as cont\u00e1ronse polic\u00edas galegos e un cidad\u00e1n portugu\u00e9s que se encontra no c\u00e1rcere no Porto e que foi interrogado por videoconferencia. Hab\u00eda outra testemu\u00f1a portuguesa no c\u00e1rcere do Porto que non quixo declarar. A int\u00e9rprete, que era brasileira, interveu en moi contadas ocasi\u00f3ns, pois os galegos entend\u00edan bastante ben os portugueses e viceversa. A primeira vez que foi necesaria a s\u00faa intervenci\u00f3n foi cando interrogaron unha das testemu\u00f1as do c\u00e1rcere portuense, pois o son non era tan claro. C\u00f3mpre referir que houbo \u00e1s veces algunha dificultade de comprensi\u00f3n entre a int\u00e9rprete e a testemu\u00f1a, debido ao l\u00e9xico diferente entre o Brasil e Portugal. Por exemplo, nun determinado momento a int\u00e9rprete tivo que preguntarlle \u00e1 testemu\u00f1a portuguesa cal era o seu apelido, e f\u00edxoo as\u00ed:<\/span><\/p>\n<p style=\"margin: 0cm; margin-bottom: .0001pt; text-align: justify;\"><span lang=\"GL\">\u2014 Int\u00e9rprete brasileira: Qual \u00e9 seu sobrenome? [No Brasil o \u00absobrenome\u00bb \u00e9 o apelido galego e portugu\u00e9s]<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"GL\">\u2014 Testemu\u00f1a portuguesa: Apelido?<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"GL\">Naquel momento xerouse un clima de desconcerto na sala, porque tanto a xu\u00edza como a int\u00e9rprete entenderon \u00abHai ru\u00eddo\u00bb \u2014a xu\u00edza ata o pronunciou en alto\u2014, ou sexa, que non se escoitaba ben, e intentaron baixar os decibelios na sala para que a testemu\u00f1a os puidese entender mellor.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"GL\">Cara ao final do xu\u00edzo, Anxos Sobri\u00f1o, ling\u00fcista do Servizo de Asesoramento Ling\u00fc\u00edstico da Audiencia Provincial de Pontevedra, explicounos en que consist\u00eda o seu traballo diario (o 80\u00a0% do traballo \u00e9 de correcci\u00f3n de documentos xur\u00eddicos en galego) e ofreceunos os folletos sobre a Xustiza que aparecen na fotograf\u00eda. <\/span><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"GL\">Dende o Mestrado en Traduci\u00f3n <span style=\"color: red;\">pour<\/span> a Comunicaci\u00f3n Internacional queremos agradecer \u00e1 xu\u00edza do Mercantil Secci\u00f3n 2, a Anxos e os seus compa\u00f1eiros do Servizo de Asesoramento Ling\u00fc\u00edstico.\u00a0<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"GL\"><br \/><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"GL\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-645\" src=\"http:\/\/paratraduccion.com\/mestrado\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/2014-03-27%2001.08.02.jpg\" border=\"0\" alt=\"\" width=\"640\" height=\"480\" \/><\/span><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O martes pasado, d\u00eda 25 de marzo, acompa\u00f1amos alumnos do Mestrado en Traduci\u00f3n para a Comunicaci\u00f3n Internacional a un xu\u00edzo con int\u00e9rprete de portugu\u00e9s na Secci\u00f3n Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, a fin de co\u00f1eceren de preto o traballo destes profesionais nunha situaci\u00f3n laboral real. Ao chegarmos, recibiunos a xu\u00edza do Mercantil Secci\u00f3n 2,&hellip;<\/p>","protected":false},"author":1,"featured_media":645,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[36],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/paratraduccion.com\/limiares\/fr\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/646"}],"collection":[{"href":"https:\/\/paratraduccion.com\/limiares\/fr\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/paratraduccion.com\/limiares\/fr\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/paratraduccion.com\/limiares\/fr\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/paratraduccion.com\/limiares\/fr\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=646"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/paratraduccion.com\/limiares\/fr\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/646\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/paratraduccion.com\/limiares\/fr\/wp-json\/wp\/v2\/media\/645"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/paratraduccion.com\/limiares\/fr\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=646"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/paratraduccion.com\/limiares\/fr\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=646"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/paratraduccion.com\/limiares\/fr\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=646"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}