Dámosvos a benvida a ParatradIT-2024_UVigo_T&P

I Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia

Congreso realizado en modalidade presencial e en liña

A I edición do Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia (ParatradIT), que se celebrará en 2024 na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, pretende ser o primeiro evento científico dunha serie que, ao longo dos anos, estudará as circunstancias sociais, culturais, políticas e, sobre todo, tecnolóxicas vixentes para traducir entre linguas (interlinguas) na era das narrativas transmedia en pantalla e fóra dela.

Organizado polo Grupo de Investigación TI4 Traducción & Paratraducción (T&P) da Universidade de Vigo en colaboración coa Universidade de Córdoba, celebrarase tanto en modalidade presencial como en liña do 20 ao 22 de marzo de 2024. As linguas do congreso son cinco: español, galego, francés, inglés e portugués. Convidámosvos a participar nas sesións que terán lugar durante as tres xornadas do Congreso.

Publicación das comunicacións

Toda comunicación avaliada positivamente por pares cegos do Comité Científico será publicada como capítulo de libro nunha editorial nacional ou estranxeira indexada en SPI (Ránking: Scholarly Publisher Indicators) con Cuartil Q1 e/ou como artigo de revista.