Alba Quintairos Soliño
é docente de Tradución e Interpretación e técnica superior de apoio á investigación na Universidade de Vigo.
Este obradoiro servirá de introdución á actividade investigadora para aquelas persoas que queiran coñecer como iniciar a súa carreira profesional no eido da investigación ou que xa se atopan na etapa predoutoral. O obxectivo é ofrecer unha panorámica dos aspectos esenciais para desenvolver unha carreira investigadora na actualidade, polo que este curso se centrará en presentar as principais ferramentas para a difusión do traballo científico, así como en ensinar o funcionamento das revistas e dos congresos académicos. En particular, trataranse os seguintes aspectos:
- Elaboración do perfil académico: bionota, ORCID, redes sociais e liñas de investigación.
- Tipos de publicacións (artigos, capítulos, recensións etc.).
- Revistas académicas: temática, indexación, cuartís, DOI etc.
- Call for Papers: que son e onde atopalos.
- Elaboración de resumos e selección de palabras chave.
- O congreso académico: funcionamento e recomendacións.
- Oportunidades profesionais.
A parte práctica do obradoiro estará destinada á elaboración, por parte dos asistentes, do seu propio perfil académico.
-
Mércores, 20 de marzo de 2024
-
16.00 h - 18.00 h
-
Aula Newton 17 (Edificio C) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo