Eixo n.º 2

A tecnoloxía aplicada ao ensino das linguas

Coordinación:

Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy
Sílvia Lima Gonçalves Araújo

O propósito deste congreso, e máis en particular neste eixo, é ofrecervos a posibilidade de presentar as vosas iniciativas investigadoras, os vosos resultados así como as vosas experiencias prácticas diarias na aula.

Convidámosvos, a todas e todos, docentes de universidade e de secundaria, expertos, expertas en didáctica, editoriais de manuais e creadores de contidos adicionais en soporte papel ou dixital a ser vectores de inspiración para toda a comunidade docente.

A continuación presentamos unha breve listaxe dos posibles temas que nos gustaría tratar neste eixo do Congreso. Ollo!: a seguinte listaxe é, simplemente, orientativa e estamos abertos a outras propostas orixinais que puidesen tratar cualquera aspecto da Tecnoloxía aplicada ao ensino das linguas.

  • A aprendizaxe colaborativa en clase de linguas estranxeiras
  • A multimodalidade en clase de linguas estranxeiras
    • Mixto híbrido-flexible: hyflex
    • Comodal


    • En liña
  • Integración das TIC na clase de linguas estranxeiras
  • A telecolaboración en clase de linguas estranxeiras
  • Utilización das RRSS en clase de linguas estranxeiras
  •  O papel dos LMS en clase de linguas estranxeiras
  • Creación de novos guións pedagóxicos en clase de linguas estranxeiras.
  • Como traballar todas as competencias en clase de linguas estranxeiras: as estratexias tecnolóxicas
    • Recepción: escoitar e ler
    • Produción: falar e escribir
    • Mediación oral e escrita
    •  Interacción oral e escrita
  • A gamificación na didáctica de linguas
  • Robots para o ensino da psicomotricidade e lingua
  • Linguaxes de programación Scratch
  • Comunidades en rede no ensino das linguas
  • A fenda dixital e o seu impacto na implementación das TICS en clase de lingua estranxeira