Envío de resumos

Participación activa no Congreso
techLING2021-UVigo-T&P

Poderanse enviar propostas de publicacións nos seguintes formatos:

Corresponderalle ao Comité científico aceptar as propostas segundo o envío de resumos das mesmas.

Cada participante pode enviar até dous resumos (cada un nun eixo diferente) cun máximo de 500 palabras e non máis de cinco palabras chave, nunha das linguas do congreso: español (ES), galego (GL), portugués (PT), inglés (EN) e francés (FR). 

Recoméndase o emprego das normas APA para a redacción do resumo, estruturando o texto con identificación do tema, obxectivo, metodoloxía (mostra, instrumento e procedemento), resultados e conclusión. Dado que é un resumo, todas as seccións deberán presentarse de maneira sintética, especialmente a sección de resultados. 

O envío do resumo realizarase a través da plataforma EasyChair.

Folla de estilo do resumo

Todos os resumos das propostas de comunicación que se enviarán a través da plataforma EasyChair, deberán seguir as seguintes indicacións:

  • Datos: Autor, título, resumo, bibliografía e palabras chave
  • Extensión: máximo 500 palabras
  • Formato: entreliñado simple e sen tabular. Marxes superior, inferior, esquerdo e dereito de 2,5 cm. Sen sangría francesa. Sen numeración de folios nin liñas
  • Fonte: Time New Roman, tamaño 12 puntos
  • Tipo de arquivo: formato PDF exclusivamente sen protección

Datas importantes

  • Ata o 31 de outubro de 2021prazo do envío de resumos das comunicacións
  • Data límite 15 de novembro de 2021: prazo de subida da gravación da comunicación na plataforma elixida (YouTube, Vimeo, Instructure Media, Twitch ou Daily Motion) e envío da URL correspondente cubrindo o formulario premendo aquí
  • Do 15 ao 17 de decembro de 2021: celebración en liña do congreso

Presentación das propostasComunicación ou Videoconferencia gravadas

Con anterioridade ás tres xornadas de celebración do congreso, todas as comunicacións ou videoconferencias deberán gravarse procurando usar o logotipo do congreso, como fondo de pantalla ou como sinatura dixital en cada unha das diapositivas da presentación.

As gravacións cargaranse  nunha das seguintes plataformas: YouTube, Vimeo, Instructure Media, Twitch ou Daily Motion

O tempo da gravación non deberá exceder os 15 minutos

Unha vez recibida a URL correspondente da plataforma onde se subiu o vídeo, este inserirase, en tempo e forma, na web de techLING2021-UVigo-T&P conforme á programación do Congreso.

Cómpre lembrar que a persoa relatora que presente a proposta estea dispoñible no momento da publicación para que, desta maneira, poida contestar as preguntas formuladas.

 

  • Póster / Infografía / Infografía animada

A aceptación deste formato de publicacións estará suxeita a unha presentación resumida e depositada en EasyChair. A exposición das mesmas farase mediante un muro de exposición incluído na web de techLING2021-UVigo-T&PA inauguración do muro de cada eixo farase efectiva ao concluír as conferencias plenarias de cada eixo.