PRESENTACIÓN DO LIBRO DE PRIMO LEVI TRADUCIDO AO GALEGO POLO PROFESOR XOÁN GARRIDO VILARIÑO
O sábado 09 de marzo ás 12h na librería Brañas Verdes de Carballo, terá lugar a presentación do libro Se isto é un home de Primo Levi, traducido ao galego polo carballés Xoán Garrido Vilariño.
Xoán Garrido Vilariño é Profesor Asociado no Grado de Tradución e Interpretación da Universidade Vigo, na combinación lingüística francés-galego-francés, é Catedrático de Ensino Secundario nas materias de Lingua e Literatura Galega e Lingua Portuguesa, 2º idioma, tamén é Docente e coordinador das materias Legal-Administrative Translation: French – Galician – French / French – Spanish - French do MTCI.